sábado, 19 de abril de 2014

5º EDICION DO CURSO DE INICIACION


Este vindeiro sábado, dia 23 de abril, e os dias 3 e 10 de maio en horario de 16 a 20 h. impartiremos unha edición mais (e xa van 5) do curso de iniciación á fotografía en nivel básico.
Quen queira pode anotarese enviando un email á  osnegativosviveiro@gmail.com poñendo o seu nome e tlf. de contacto.



viernes, 4 de abril de 2014

EXPO DE VICENTE ANSOLA NO REGALXUNQUEIRA

A partir de este luns, poderemos disfrutar do mestre Vicente Ansola coa sua expo "A Ultima Pola Vila" na sala de exposicións de RegalXunqueira.





sábado, 22 de marzo de 2014

KDD EN MAIO E CUSO DE INICIACION

Está en marcha a organización da KDD "extra" que todo los anos acostumamos a facer por estas datas.
Este ano estase a debatir entre Xixón ou León, e sería para os días 17 e 18 de Maio.
Unha vez elexido o destino, publicarase e poderedes anotarvos todos aqueles interesados en acudir.
Coma outros anos a asistencia será libre tendo bonificacións os que sexan socios como minimo dende principios de este ano.

Tamén recordar que despois de Semana Santa organizaremos o cursillo de iniciación que vimos facendo duas veces ao ano. En concreto serán os días 26 de abríl e os días 3 e 10 de maio no xa habitual horario de sábados de 16 a 20h.
Os interesados podedes mandar os vosos datos ( nome, tlf e email) ao noso correo osnegativosviveiro@gmail.com ou ben anotarse dentro do fío que abriremos no noso foro.
Por ultimo comentar que as prazas son limitadas e o curso gratuito.



miércoles, 29 de enero de 2014

PROXECCION EN GERIATROS

Como parte dos actos de celebración do aniversario de apertura do Centro de Atención é Terceira Idade de Viveiro, GERIATROS, proxectaremos un traballo con fotos relacionadas co mar e as suas xentes.
O traballo ten unha duración aproximada de 30 minutos e terá lugar as 11 horas da maña do dia 1 de febreiro na sala de visionado do centro
Serán un total de dous pases, debido o pequeno aforo, e logo faremos unha pequena sesión fotográfica con os modelos que se presten.
Esperamos poder compartir un pequeno anaco emotivo cos nosos maiores e poder ofrecerlles imaxes que algúns, por problemas de movilidade, enfermidades, etc., fai tempo que non pode contemplar.





martes, 28 de enero de 2014

I RUTA BTT DA MERLUZA 2014

Este vindiero domingo temos unha moi boa ocasión para facer fotografía deportiva dentro da I Ruta BTT Da Merluza en Burela.
Organizada polo Club Ciclista Burela, co bó traballo de un dos nosos socios como é Jose A.Rey Pita (Zagato), discurrira por parte dos concellos de Burela e Cervo ao longo de toda a mañá.
Totalmente recomendable tanto para os amantes da velocidade como da natureza, recorrerá este ano como novidade unha das máis espectaculares zoas de costa como é a zoa da Marosa ou Sargadelos.
Debaixo do cartel podedes ver os mellores puntos para afotar.






martes, 21 de enero de 2014

NOVO FORO DE OS NEGATIVOS

Unha vez pasado o periodo de probas, xa está operativo o noso foro dentro da futura páxina de www.osnegativos.es.
Con este paso acadamos unha das metas que sempre nos impuxemos, que é seguir en contacto tanto para aprender como para enseñar todo o que sabemos sobre o mundo da fotografía.
Quen queira xa pode rexistrarse e disfrutar no enlace seguinte:


                                                           http://osnegativos.es/foro



viernes, 17 de enero de 2014

Cea Anual


O vindeiro sábado, día 25 de xaneiro, celebraremos a xa clásica comida anual dos socios de Os Negativos.
Este ano, e como novidade, contaremos con un bó aperitivo xa pola tarde.
Tratase de unha charla sobre "Composición na fotografía" que impartirá un gran fotográfo e divulgador como é Fran Nieto.
Será a partir das 16,30 h. no local da Asociación en Covas. A duración estimada será de tres horas e media, máis ou menos. A asistenza é libre ata encher o aforo do local.
Logo de rematar, desplazaremonos a cear ao Rte,.Boavista en Celeiro arredor das 22.00.h
Pregovos consultedes o noso foro no apartado "socios" tanto para anotarse como para ver o menú. Tamén podedes facelo enviando un email a osnegativosviveiro@gmail.com.
A data tope para confirmar asistencia será o día 22, mércores.







                                                                        Fran Nieto