viernes, 23 de diciembre de 2011

Felices festas e aninovo


Quixeramos felicitar estas datas a todos os"negativos" e amigos que nos seguen dende este blog.
En particular os que día a día,semán tras semán,quedada tras quedada fumos coñecendo e compartindo risas,mantel e dudas o longo de este ano que se acaba.
Para Ana, Estela, Paco, Antonio, Zagato, Miguel, Juan Panadeiro, Juan Ocaña, Oscar , os "homologos"de Fotonavia; para Carlos, Alberto, Dani,...e tantos outros amigos:



                    "Felices Festas a tod@s"






                        Tarjetas recibidas 

                          
    Enviada por Gabriel

                        Enviada por Fran Nieto

Bo Nadal.Enviada por Antonio"antvaztra" (Presi)

domingo, 27 de noviembre de 2011

CEA ANUAL "OS NEGATIVOS"

O vindeiro mércores 7 de decembro disfrutaremos da cea anual que por estas datas solemos celebrar,
Será no restaurante "A RIA" en Viveiro as 22 horas,pero evidentemente habera que quedar antes para "organizarnos".
Esta cea está aberta a todo aquel socio/a dos Negativos asi como a aquelas persoas que queiran acompañarnos.O prezo por persoa será de 30€ e o menú publicaremolo en vindeiras datas (ou non).
Podedes confirmar asistenza no noso mail ou ben comentando esta entrada no noso blog.
Aceptarase a presenza de cámaras.



Actualización:
Quedamos en reunirnos entre as 21,15h e as 21,30h na calle Pastor Diaz,a altura do bar Imperial

REMATOU O CURSO DE PHOTOSHOP

Hoxe demos por rematado o primeiro curso que organizamos,o de iniciación ao Photoshop.
Gracias pola asistencia a todo aqueles que se anotaron,e semán trais semán, nos acompañaron na aula do Cemit que desinteresadamente nos cedeu o Concello de Viveiro.
Tamén quixeramos dar as gracias ó profe Fran Nieto pola sua dispoñibilidade e bon facer.
A directiva xa estamos pensando en ofrecervos novas iniciativas nun futuro cercano,polo que calquera consulta ou demanda de algún curso en particular sería ben recibida.





Deixovos como remate unha foto dos asistentes ao curso convintemente retocada na que se xuntaron aos dous grupos (maña e tarde) nunha sola imaxen.Gracias a todos.



          


 Foto resultante     Autor: Fran Nieto



sábado, 29 de octubre de 2011

PROXIMA KDD:"ORTIGUERA Y PUERTO DE VEGA-ASTURIAS"

Os nosos "homólogos"de Fotonavia, invitannos a vindeira KDD a celebrar por terras asturianas.En concreto será en Ortiguera y Puerto de Vega o día 4 de decembro.

                                                           Panoramica de Ortiguera

Para inscripcións e outras informacións debedes de visitar a sua páxina web o antes posible (xa sabedes que para esto sempre hai xente) pois están intentando acadar un permiso para unha visita especial ó Castro de Coaña.
Esperamos poder vernos alí e asi coñecer xente nova.

                                                                   Puerto De Vega

CONCURSO FOTOGRAFICO "PIZZBUR"

O Grupo Pizzbur Playa S.L.,ven de convocar o primeiro concurso fotográfico baixo a temática de "A Mariña Lucense e a sua gastronomia".   
Podedes ver e descargar as bases aqui.                                                                                                                                                  

jueves, 6 de octubre de 2011

CURSO INICIACION PHOTOSHOP

O vindeiro mes de novembro celebraremos o primeiro curso de Photoshop organizado pola nosa asociación e coa colaboración da Concelleria de Cultura do Concello de Viveiro, para todas aquelas persoas interesadas no coñecemento de esta ferramenta cada vez imprescindible.
Este primeiro curso estara enfocado a todo aquel aficionado a fotografía que se queiran iniciar no manexo de este programa.Partirase desde o mais básico ata o coñecemento de algunhas das mais usadas ferramentas no eido da fotografía.
O profesor encargado de impartir o curso sera Fran Nieto, fotógrafo especializado en fotografía de natureza do cal podedes saber mais no seu blog ou na sua web.
Este curso,cun total de 16 horas,celebrarase en Viveiro os sábados 5,12,19 e 26 de novembro en horario de maña ou tarde a razón de catro horas por xornada.Os asistentes por grupo serán reducidos.
Será necesario que cada alumno leve o seu propio ordenador co programa convintemente instalado a poder ser coa versión CS2 ou superior.

O prezo sera de 70€ para socios de Os Negativos e de 90€ para non socios.
Haberá que ingresar a cantidade correspondente na conta do Banco Pastor nº 0072 0241 13 0000201720 antes do dia 30 de octubre.Todo aquel que a dita data non fixera o ingreso non contara como inscrito para o curso.

Tanto para as inscripcións coma para calquera duda tedes a vosa disposición os seguintes datos:

Email: buzon@osnegativos.com
Tlfs:      654888451-647568383

No momento de se inscribir debedes indicar: nome,teléfono de contacto,email e cando preferides asistir,si pola maña ou pola tarde.Será a organización quen notifique coa suficiente antelación a dispoñibilidade de horario a fin de equilibrar os dous grupos.Da misma maneira daremos a coñecer o lugar donde se celebrará.

                                                                  Fotos de Fran Nieto

Podedes ver a continuacion o programa completo,asi coma a presentacion que Fran Nieto fai sobre el:


Curso de iniciación Photoshop
 
OBXECTIVOS:

O programa de edición Photoshop é unha aplicación de certa complexidade, concebida para múltiples usos: deseño de páxinas web, logotipos, deseño gráfico, infografía... e, como non, para a edición e retoque fotográfico.
A fotografía é quizais a disciplina artística que maior transformación técnica sufriu nos últimos 10 anos. Hoxe en día as cámaras dixitais están ó alcance de calquera persoa e as posibilidades creativas son infinitas. A fotografía, a maiores da sua importancia artística, e decisiva na transmisión de coñecementos e na documentación de procesos, tanto para a sua visualización en pantallas como en medios impresos.
Este taller ten por misión poñer a disposición dos alumnos as capacidades de edición que brinda a fotografía dixital, tanto para fins documentalistas como artísticos. A búsqueda de fórmulas para realzar as imaxes debería ser a fonte de inspiración que leve ós novos usuarios a experimentar con todo o potencial que ofrece esta ferramenta de creación que é Photoshop.
O curso ten unha marcada orientación práctica pero sin esquencer en ningún momento os coñecementos teóricos que permitan entender os procesos que abordan e o porqué dos exercicios a realizar no mesmo, nos que se busca o pleno entendemento dos axustes que afectan a toda a imaxen. O finalizar o mesmo os alumnos estarán capacitados para millorar de forma importante a calidad das súas capturas facendoas óptimas para a sua impresión e visualización.
Este taller está dirixido a  tódolos afeccionados á fotografía que carecen dos coñecementos técnicos básicos para manexar, dunha maneira fácil, rápida e eficaz, un programa de retoque fotográfico e a aquelas persoas que tendo un certo grado de soltura con programa buscan unha sólida base teórica que lles permita profundizar no mesmo. 

PROGRAMA:

1.     Conceptos básicos de fotografía dixital
2.     Interpretación do histograma
3.     Introducción a interface de Photoshop
a.     Ventanas
b.     Barra de ferramentas
c.     Menús
d.     Configuracións básicas e personalizadas
4.     Tamaño do documento e do lienzo
5.     Axustes básicos
a.     Brillo
b.     Contraste
c.     Niveis
d.     Curvas
e.     Saturación
f.      Equilibrio de color
g.     Variacións
h.     B&N
i.       Sombras e luces
6.     Reencuadre e xiro do lienzo de forma precisa
7.     Profundidad de cor
8.     Resolución e interpolación
9.     Seleccions básicas
10.  Seleccions automáticas
11.  Cuentagotas
12.  Reparacións e eliminación de contido: clonado
a.     Parche
b.     Tirita
c.     Ollos vermellos
13.  Texto e marcas de auga
14.  Outros filtros de efectos
15.  Introducción as Capas:
a.     Capas de contido
b.     Capas de axuste
c.     Efectos de capa
d.     Máscara de capa
16. Introducción os axustes por zoas
17.  Necesidade do enfoque
a.     Técnicas básicas de enfoque
b.     Paso alto
18.  Introducción a impresión e xestión da cor
a.     Espacios de cor
b.     Perfis de impresión



jueves, 15 de septiembre de 2011

IV CONCURSO FOTOGRAFRICO "RIO OURO E PRAIAS DE FOZ"

A asociación de sendeirismo "Os Sendeiros" de  Foz,ven de convocar o seu IV concurso fotográfico en relación a ruta que vai dende o rio Ouro en Fazouro pasando polas praias de A Pampillosa,Peizás,Llás e A Rapadoira ata o seu remate no Paseo de Tupide,xa en Foz pueblo.
Acompaño o desplegable que editaron co gallo do V Encontro de sendeirismo Rio Ouro e praias de Foz.




Podedes ver a bases en esta ampliación con menor fatiga visual:







sábado, 3 de septiembre de 2011

Concurso Fotográfico "Festa Da Faba 2011"

Publicouse onte, dias 2 de setembro,o "15º Concurso Fotográfico Festa da Faba" en Vilanova de Lourenzá.
Para todos aqueles interesados en participar,as base que rixen o concurso este ano son as seguintes:

Podedes ver a noticia completa aqui 




jueves, 25 de agosto de 2011

PHOTOXOVE 4.0


Ainda se pode ver a exposición fotográfica  “XOVE  360º”, que nesta súa cuarta edición denomínase “PHOTOXOVE 4.0”,na casa da cultura do concello de Xove ata o 31 de agosto.
A exposición está organizada e patrocinada pola Concellería de Cultura do Concello de Xove, contando coa importante colaboración do Colectivo de Fotógrafos de Xove.  A mesma encardínase dentro do Programa da Festas Patronais do San Bartolo.
Conta coa participación de varios fotografos do Colectivo de Fotógrafos de Xove como son Javier Arca, Enrique Peña, Marta Álvarez, Santos Cordovilla, Mateo Guerreiro, Eduardo Rodríguez ,Rubén Pico e da nosa compañeira Ana Isabel Codesal (ANAGOLDEN) 
A exposición conta con 40 fotografías, 5 de cada fotógrafo. A temática das fotos desta edición foi totalmente libre, iso sí, centrada no Concello de Xove.
A maquetación das fotografías foi realizada por un dos participantes, concretamente por Javier Arca.
Podese ver en horario de 17 a 22 h. todos los dias.


lunes, 22 de agosto de 2011

REPORTAXE NO XORNAL "EL PROGRESO" DE LUGO

No dia de hoxe publicouse unha reportaxe a nivel provincial sobre a nosa asociación,no xornal  "EL PROGRESO" de Lugo.
Esta nova é froito dunha entrevista que lle fixeron ao noso presidente Antonio Vazquez (anvaztra) por parte da redactora da da edición da Mariña de dito xornal,a cal lle agradecemos a sua aportación para darnos acoñecer e poder chegar a mais xente interesada pola fotográfia tanto na Mariña Lucense coma no resto da provincia.
Incluise unha captura de parte de dita nova na que amosan unha das fotos da ultima KDD en Ribadeo.



 Podedes ver a noticia enteira aqui.

sábado, 20 de agosto de 2011

VIDEO NOITES DE LUZ

Xa podedes ver en video a presentación que fixemos,invitados por o Seminario Terra de Viveiro,dentro de "Noites de Luz" .
Salientar a boa acollida por parte do numeroso público de todos os traballos presentados dentro das proxecions do dia 18 de agosto.
Esta vez OS NEGATIVOS presentamos un pequeno montaxe de arredor de 7 minutos sobre tema variado composto por fotos de Paco,Antonio Vazquez,Juan Fernandez,Oscar Pernas,Juan Ocaña e Antonio Ben.
Quedounos un bó sabor de boca e con ganas de facer mais pases nun futuro vindeiro contando coa colaboración dos nosos colegas tanto de Seminario Terra de Viveiro coma de Fotonavia.
Agradecer a colaboración tanto o Concello de Viveiro polas facilidades prestadas coma a Futures polo apoio técnico.


 

                                    OS NEGATIVOS (NOITES DE LUZ,18/08/2011)

jueves, 4 de agosto de 2011

PROXECIONS NA PRAZA MAIOR

Os vindeiros días 2 e 9 de agosto,e coincidindo coas festas patronais,proxectaremos traballos dos "negativos" no palco da plaza maior de Viveiro.
Esta programado para as 22.30h. e contaremos coa colaboración de Futures e por suposto do Concello de Viveiro.
En total serán mais de 12 fotógrafos que amosaran os seus mellores traballos convintemente montados para un pase multimedia.
Estamos a falar co Seminario de Estudos de Viveiro para facer un dos dias un pase conxunto cos fotografos das duas asociacións dentro de "Noites de Luz".
Actualizacion:
Debido a reaxustes no programa de festas,as proxecions previstas dentro de "Noites de Luz" para o vindeiro dia 9 de agosto pospoñense para o dia 18 as 22'30h.,tamen na Praza Maior de Viveiro.
Seran traballos conxuntos de Os Negativos,Seminario de Estudos Terra de Viveiro e dos homologos de Fotonavia (Asturias).
Esperamos vervos por ali.

jueves, 2 de junio de 2011

KDD EN RIBADEO

Xa temos ultimados os detalles da vindeira quedada a discurrir polo concello de Ribadeo o 12 de xuño.
A comida será no restaurante "La Solana" as 15 h. e estará composto polo seguinte menú:

-Pate de cabracho
-Croquetas de marisco
-Calamares fritos
-Revolto de gambas e axetes
-Medallón de solomillo de porco o cabrales
-Mouse de turrón
-Viño tinto de colleita e branco xoven,café e licores.
O prezo será de 22€ por persoa.

A idea e quedar sobre as 10h. en Rinlo,para tomar café na bar " A Cofradia" e logo afotar o entorno do pobo e a cetarea antiga que hai cerca de ali.Podemos achegarnos a praia das Catedrais,que queda cerca,sempre e cando se madruge porque a marea ven moi cedo.



De ahi marchariamos a Ribadeo pobo ata a hora de xantar.
Logo Dios dirá.
Agradeceria que todos aqueles interesados nun principio en asistir e que ainda non confirmaran a asistenza,o fagan antes do xoves dia 9.Solo por aquelo de concretar co restaurante os comensais.
O dito,espero que o dia acompañe e poidamos disfrutar de outro bo dia gastrofotográfico.

                                                    Ribadeo.Illa Pancha


LISTADO DE ASISTENTES (10/06/2011):

-Pako Triskel e Maite
-Antonio Ben (anttben)
-Juan Antonio (ofillodopanadeiro)
-Antonio Vazquez (anvaztra)
-Javi Freitas
-Nohemi
-Pikachu,Trasgu,Balby e Pitusa
-Superduke?
-Click 46
-Juan Maseda e Raquel Perez(sin comida)
-Julian Bouza (rhasalgheti)
-Ana Golden
-Oscar P.L.
-Gomez619(Sin comida)
-Juan Ocaña (juoka)
-Estela Insua (Sin comida)
-Laura e Jluis
-Carlos Ferreira

Telefono de contacto e incidencias: 654888451

viernes, 13 de mayo de 2011

MAR DE ARTABRIA

Quero dar a conocer as fotos de un home que grazas o seu traballo amosanos puntos de vista da natureza que a moitos nos gustaria descubrir.Chamase Gabriel,e desde o seu blog,Mar de Artabria, quere que vexamos o mar que nos rodea nos seus mellores e peores momentos.


Digo grazas o seu traballo,porque desde o aire ou desde unha lancha,ten puntos de vista diferentes o resto de nos.Votadelle unha ollada.

                                               Fotos:Gabriel López Pérez

PROXIMA QUEDADA:RIBADEO

O vindeiro dia 12 de xuño organizamos unha KDD en Ribadeo e alrededores para conocernos todo os que "pululamos" polo Flickr de Os Negativos de maneira frecuente,e de paso para coñecer a mais xente que queira compartir un bo dia en compaña de cámaras,tripodes,obxetivos,etc. e por suposto de boa comida e amigos.

                                                                      Rinlo

Eleximos Ribadeo por estar mais ou menos cerca da xente que nos sege e colabora ,a maioria somos de Viveiro,Xove,Burela,Barreiros...da Mariña.Ademais ofrecenos paraxes impresionantes coma Rinlo,As Catedrais ou Sta,Cruz que dan para moitas e boas fotos.
Como xa poidestes comprobar,contactamos cos que estan rexistrados na nosa páxina de Flickr,pero a idea e a de que poida vir todo aquel que lle guste a fotográfia e pasar un dia diferente,polo que correde a voz.
Os que esteñan interesados poden mandar os seus datos (nome e apelidos,telf.) a dirección de correo de OS NEGATIVOS (buzon@osnegativos.com).O longo de esta semana iremos avanzando mais cousas (donde quedamos,donde comemos,por canto...)a traves de este blog.
                                                      Praia Das Catedrais

martes, 26 de abril de 2011

GAÑADORES CONCURSO "FRAGA DAS SAIMAS"

Fallouse o primeiro concurso convocado pola Asociación Mulleres Rurais Fraga das Saimas que co titulo "Fraga das Saímas,Monumento Natural" foi convocado para conmemorar o Día Internacional da Arbore.
De un total de 53 fotografias enviadas por unhos vinte fotográfos aficionados a natureza,foron elexidos no primeiro e segundo posto,respectivamente, os "Negativos" Paco Trisquel (Francisco López López) e Estela Insua. Cabe destacar o posto de finalista que tamen acadou outro socio "Negativo" como é  Jose Antonio Fernandez Vazquez.
Tanto Paco,con unha fermosa foto dunha fervenza, como Estela con unha orixinal foto con un espello, amosaron un bó nivel plástico e unha calidade que finalmente foi recoñecida con senllos premios.
Podedes ver aqui a nova na páxina da organización.
!Noraboa os dous¡



                                          Foto gañadora        Autor:Paco Trisquel


                                                           Os tres gañadores





viernes, 22 de abril de 2011

QUEDADA NOCTURNA

Aproveitando que temos en Viveiro a Dani Caxete,faremos a madrugada do sábado ao domingo unha salida nocturna para facer "ligthpainting" e se o tempo acompaña algo de fotografia astronómica.
En principio falamos de acercarnos a Estaca de Bares aproveitando as ruinas da antiga base americana,pero seguramente improvisaremos dependendo do clima.
Os interesados poden contactar no noso email ou ben estar sobre as 23.30h.do sábado no "Mesón K2 " en Covas (Viveiro).
Seria boa idea que cada un leve o seu equipo de iluminación (linterna,flash,neon,etc).

sábado, 16 de abril de 2011

GANADORES CONCURSO FOTOGRAFICO RECORD GUINNESS

Co motivo de acadar o récord Guinness coa maior cantidade de moedas de 5 céntimos en línea,acontecido en Viveiro este mes de abril,convocouse un concurso fotográfico coa idea de dispor de un banco de imaxes, que nos lembraran no futuro a xesta acadada.
A nosa asociación colaborou coa organización liderada por "Pupo",na procura de escoller as tres mellores fotos feitas o longo do dia 2 de abril durante a colocación das moedas,tanto na categoría de nenos/as como na de adultos.
Os gañadores das respectivas categorías foron os seguintes:

                             Categoria Adultos


                                                      1º Premio: Borja Conde

                                                    2º Premio: Patricia Vázquez

                                                    3º Premio : German Paleo



                             Categoria Nenos/as


 1º Premio: Maria Simón


                                                          2º Premio: Ana Ben

                                                    3º Premio:Santiago Vázquez

A entrega dos premios será este sábado dia 16 as 17,30h. no local da asociación sito na Avda.do Ferrol.(Galerias comerciais,detrais de Casa Carlos).


Noraboa a todos eles!!

Actualizado (17 de abril de 2011)

                                      
    Foto da entrega dos premios cos gañadores

jueves, 24 de marzo de 2011

ACREDITACION FOTOGRAFICA PARA SEMANA SANTA

Onte tivemos unha xuntanza  cos representantes das cofradías da Semana Santa de Viveiro, coa intención de colaborar na creación dun banco de imaxes relativas a este evento tan representativo da Mariña.
A idea é que cada un dos socios do noso colectivo, que así o queira, poida ter unha acreditación por parte da Xunta de Cofradías para dar o seu punto de vista con fotos sobre os actos que se desenvolven ao longo da dita semana.
O fin de todo isto é organizar unha exposición para a Semana Santa do 2012 e acadar que "alguén"poida editar un libro cunha selección das mellores fotos deste ano.
Todo aquel socio "negativo" que queira ser acreditado,ten que mandarnos un correo ao noso buzón cos seus datos personais (incluido telefono) antes do dia 8 de abril.


                                  Cartel Semana Santa 2011-Autor:German Paleo Navarro

domingo, 27 de febrero de 2011

Concurso Fotográfico RECORD GUINNESS VIVEIRO

Co motivo dos actos para acadar o Record Guinness,coa maior cantidade de moedas de 5 centimos de Euro xuntas que organiza "Pupo" en Covas,a nosa asociación colabora coa organización dun concurso fotográfico.
O fin será a creación de un banco de imaxes que recollán os actos relacionados coa consecución do record os dias 5 de marzo e os 2 e 3 de abril de 2011.
Será o día 2 o de maior relevancia coa asistencia de un notario que certifique a "xesta".
O concurso terá duas categorías: nenos/as ata 14 anos e desde 14 anos en diante.Terán que enviar tres fotos en formato JPEG a dirección de email info@osnegativos.com con temas relacionados cos actos dos días antes mencionados.
A data máxima para participar será o día 16 de abril de 2011,cando no local da asociación se fallará e entregarán os premios.
O mesmo tempo daremos conta dos ganadores nesta web.


Cartel anunciador do concurso

Os premios serán para as tres mellores fotos de cada categoría,da seguinte maneira:

Categoría Infantil (ata 14 anos):

1º Premio:Trofeo e agasallo
2º Premio:Agasallo
3º Premio:Agasallo

Categoría Adultos:

1º Premio:Trofeo e Cea para duas pesoas
2º Premio:Trofeo
3º Premio:Agasallo

Podedes ver esta noticia completa publicada en La Voz de Galicia do dia de hoxe.


martes, 22 de febrero de 2011

Galeria Fotos 1ªKDD

Podedes ver aqui as fotos publicadas na páxina dos nosos colegas "homologos" de FotoNavia sobre a kdd en Viveiro.

miércoles, 9 de febrero de 2011

EXITO TOTAL NA 1ºKDD

O pasado domingo,día 6 de febreIro,fixemos a primeira quedada (kdd)en Viveiro.O día foi "redondo";bon tempo,boa xente,boa comida,boas fotos...mais non se pode pedir.Só repetir canto antes.
La Voz de Galicia,volve a facerse eco da noticia e publica unha reseña na edición de hoxe xunto con unha foto de todo o grupo na Praza Maior.

miércoles, 2 de febrero de 2011

RECORTE DE PRENSA SOBRE A 1ºKDD

Noticia publicada na VOZ DE GALICIA do dia de hoxe,donde fai referéncia á primeira kdd organizada conxuntamente con Fotonavia(Asturias).

miércoles, 12 de enero de 2011

PRIMEIRA KDD EN VIVEIRO

Como algún dos"negativos" saberá,convocouse unha quedada fotográfica en Viveiro para o próximo día 6 de febreiro xunto cos nosos colegas da asociación "Fotonavia" de Navia,Asturias.
Podedes ver o enlace da kdd aquí.Será ao largo de todo o día,pateando Viveiro casco urbán pola maña para logo comer na pulpería do noso bó amigo Juan.Pola tarde,e se o tempo acompaña,visitaremos algún dos múltiples puntos de interese que temos no noso pobo.
Todo aquel interesado e que non esté rexistrado na páxina de Fotonavia  pode anotarse  neste enlace.
Esperemos que sexa unha gran festa fotográfica e que todos aprendamos algo mais dos nosos amigos asturianos.
O dito,domingo 6 de febreiro de 2011 as 10h. na pulpería O Panadeiro de Verxeles (Viveiro).
¡¡¡ALI  VEREMONOS!!!!

sábado, 1 de enero de 2011

EMPEZAMOS AÑO NUEVO

Empezamos un nuevo año con ilusión,con proyectos nuevos y con muchas ganas.
Como todo el mundo, prometemos que haremos un montón de cosas que luego van quedando atrás...sin hacer.
Trataremos de encauzar nuestra ilusión por la fotografía con hechos como conseguir hacer algún curso de fotografía algo completo a lo largo del año,organizar quedadas (lo ideal era una al mes...pero con una de cada dos nos conformaríamos),tratar de acondicionar mas el local de la asociación,etc.
Muchas de estas "ideas"son viejas,solo con algo mas de empeño por nuestra parte saldrán adelante.
Y para empezar tendremos a nuestra disquisición de nuevo a Carlos Ferreira para continuar con el tema de la iluminación artificial que ya iniciamos el mes pasado.Será el próximo día 4 de enero a las 21h.en el local de la asociación.
Feliz año a todos los "negativos".