lunes, 8 de octubre de 2012

CURSO INICIACION A FOTOGRAFIA

Un dos fins que dende sempre tivemos claro na nosa asociación é a divulgación e aprendizaxe da fotografía. Este ano fixemos a nosa primeira exposición e tivemos a ocasión de coñecer a un dos grandes fotógrafos do momento como é Vicente Ansola que nos amosou o seu último traballo.
É momento de amosar cómo se fan esas fotos que tanto gustaron, e de paso coñecer a novos amigos coa mesma inquedanza: amosar o seu punto de vista da vida a través dunha foto.
Moitas persoas confesan o seu temor ás "modernas cámaras" cheas de botóns e pantallas, nas que o modo automático é o mais socorrido.
Propoñemos ensinar a usar unha cámara de fotos dende "cero". Como collela, como usala, saber como se chaman as partes que tanto vos soan...ata poder acadar un uso básico dela.Non só técnica, se non tamén práctica dende o primeiro momento.
Non fan falla costosísimas máquinas, basta coa compacta que seguro hai en toda casa. Eso si, o modo "automático" non o usaremos (de momento).
Neste cursiño, de mais ou menos 15 horas de duración, queremos enseñar dende o porqué ata o cómo pero partindo só de que che guste a fotografía. Falaremos da luz, de porqué saen as fotos, das partes dunha cámara, de como usar esas partes para conseguir un o outro resultado. Falaremos do uso dos flash, e se cadra veremos como se fan lixeiros axustes despois de feita a foto.
Todo esto aberto a todos/as de maneira gratuita. Só tes que traer a túa cámara e ganas de aprender.


Curso de Iniciación á Fotografía

Dias 27 de outubro e sábados de novembro
Horario de 17 a 20 h.
 Apeadero FEVE (Covas)
Grupo máximo de 12-15 persoas
Aberto a todas as edades

GRATIS

Se estás interesado mándanos un email cos
teus  datos persoais e teléfono a:


ACTUALIZACION (16/10/1012)

Temos o cupo para este curso completo.
Non contabamos cunha demanda tan alta e hai xente que queda fora en espera.
Todas aquelas persoas que estedes interesadas, podedes mandarnos os vosos datos igualmente e vos avisaremos con antelación para o próximo curso.
Gracias a todos polo voso interese.