viernes, 3 de febrero de 2012

MEMORIAL MARIA LUISA 2011

Recentemente se fallou a edición do 2011 do prestixioso premio de fotografía que concede o "Certamen Fotográfico Memorial María Luisa" e que en esta edición,no apartado  Biodiversidad 2011, foí para a obra titulada "Las damas del mar" do naturalista granadino Francisco Mingorance.Asi mesmo foi elexida como premio absoluto coa distinción "Asturcón" de oro de fotografía 2011.Por outro lado nas categorias de alpinismo e escalada resultou gañador o alpinista e fotógrafo alemán Klaus Fengler.
Non todas as fotografías inicialmente seleccionadas superaron a fase de comprobación de archivos orixinais de captura (raw),sendo rexeitadas polo xurado o non axustarse as normas do concurso.Da misma maneira foron rexeitadas diversas fotos que si ben eran correctas técnicamente,se apartaban claramente do espiritu do concurso ao ser feitas en estudo.
Xa podedes ver a colección resultante do concurso en Memorial María Luisa 2011 e no video que acompaña o post,ainda que o mellor momento para disfrutalas será no audiovisual que co gallo da entrega de premios se celebrará en Oviedo o vindeiro 10 de marzo,as 19 horas no Centro Cultural Cajastur,con entrada de balde.

                                                   Foto ganadora.Autor: F.Mingorance

22 MML PHOTO 2011 from MemorialMariaLuisa on Vimeo.

MARCHA BTT CLUB CICLISTA BURELA

Un bó fotógrafo e socio "negativo"  Jose Antonio (zagato) invitanos,a quenes queiramos asistir,este domingo día 5 de febreiro á "VII Marcha BTT Club Ciclista Burela" que terá lugar polo concello de Burela.
O obxetivo e poder recoller os mellores momentos da marcha a través dos nosos obxetivos.


Todo aquel que queira participar que se poña en contacto nos nosos correos ou directamente coa organización do evento.

lunes, 23 de enero de 2012

KDD FOTOGRAFICA EN BURELA

O vindeiro día 12 de febreiro e organizada por Miguel Angel e Jose Antonio,celebraremos unha quedada fotográfica no concello de Burela.Todos aqueles interesados en asistir para afotar o que cadre e logo dar conta dunha boa comida,podedesvos anotar neste blog ou no post aberto a tal fin na nosa páxina de Flickr.


                                  Burela desde arriba      
      

viernes, 23 de diciembre de 2011

Felices festas e aninovo


Quixeramos felicitar estas datas a todos os"negativos" e amigos que nos seguen dende este blog.
En particular os que día a día,semán tras semán,quedada tras quedada fumos coñecendo e compartindo risas,mantel e dudas o longo de este ano que se acaba.
Para Ana, Estela, Paco, Antonio, Zagato, Miguel, Juan Panadeiro, Juan Ocaña, Oscar , os "homologos"de Fotonavia; para Carlos, Alberto, Dani,...e tantos outros amigos:



                    "Felices Festas a tod@s"






                        Tarjetas recibidas 

                          
    Enviada por Gabriel

                        Enviada por Fran Nieto

Bo Nadal.Enviada por Antonio"antvaztra" (Presi)

domingo, 27 de noviembre de 2011

CEA ANUAL "OS NEGATIVOS"

O vindeiro mércores 7 de decembro disfrutaremos da cea anual que por estas datas solemos celebrar,
Será no restaurante "A RIA" en Viveiro as 22 horas,pero evidentemente habera que quedar antes para "organizarnos".
Esta cea está aberta a todo aquel socio/a dos Negativos asi como a aquelas persoas que queiran acompañarnos.O prezo por persoa será de 30€ e o menú publicaremolo en vindeiras datas (ou non).
Podedes confirmar asistenza no noso mail ou ben comentando esta entrada no noso blog.
Aceptarase a presenza de cámaras.



Actualización:
Quedamos en reunirnos entre as 21,15h e as 21,30h na calle Pastor Diaz,a altura do bar Imperial

REMATOU O CURSO DE PHOTOSHOP

Hoxe demos por rematado o primeiro curso que organizamos,o de iniciación ao Photoshop.
Gracias pola asistencia a todo aqueles que se anotaron,e semán trais semán, nos acompañaron na aula do Cemit que desinteresadamente nos cedeu o Concello de Viveiro.
Tamén quixeramos dar as gracias ó profe Fran Nieto pola sua dispoñibilidade e bon facer.
A directiva xa estamos pensando en ofrecervos novas iniciativas nun futuro cercano,polo que calquera consulta ou demanda de algún curso en particular sería ben recibida.





Deixovos como remate unha foto dos asistentes ao curso convintemente retocada na que se xuntaron aos dous grupos (maña e tarde) nunha sola imaxen.Gracias a todos.



          


 Foto resultante     Autor: Fran Nieto