viernes, 6 de marzo de 2015
CURSO BASICO FOTOGRAFIA DIXITAL
En abril toca impartir curso de iniciación. Xa vamos pola sexta edición e con moi boa acollida, trataremos de ensinar un pouco de fotografía dende cero.
Enfocado a aprender sobre as cámaras réflex principalmente pero sin deixar de lado calquera outro tipo de sistema sexa un móvil ou unha compacta.
Impartirase no novo local que temos en Galdo en horario de 17 a 20 h. os sábados día 11,18 e 25 de abril.
Inscripcións no email osnegativosviveiro@gmail.com
PLANO DE CHEGADA
miércoles, 11 de febrero de 2015
KDD MENSUAL XANEIRO : A FERROL EN FEVE
Empezamos este 2015 coa primeira saída colectiva da asociación.
Eliximos Ferrol para que coincidira o desplazamento en tren FEVE, do cal gardamos unha boa sabor de boca de cando fixemos a KDD en Ortigueira.
A verdade é que o día portouse moi ben e a pesar do xélido vento do Nordeste que nos acompañou toda a xornada, conseguindo coñecer un pouco mais Ferrol e o impoñente Castelo de San Felipe.
Foi en esta enorme fortaleza semiabandoada donde pasamos a mañá para regresar a Ferrol ao xantar e dedicar toda a tarde a percorrer o casco vello e a zoa militar.
Sin lugar a dudas unha boa experiencia en boa compaña...
Vindeira saída: As Pontes o día 8 de marzo
O grupo casi completo, falta Xan!!!!!
Dende o xardín do Parador
No FEVE ...controlados en todo momento!!!!
Supervisando as obras....
domingo, 21 de diciembre de 2014
BO NADAL
Un ano mais...
Queremos desexarvos que pasedes unhas felices festas na compaña dos vosos e que o ano que ven traiga todas esas fotos que temos na imaxinación...e que seguro se faran realidade.
Saúde a todos e Boas Festas!!!!!
Belen do Atrio de Santa Maria en Viveiro (A.Ben)
Queremos desexarvos que pasedes unhas felices festas na compaña dos vosos e que o ano que ven traiga todas esas fotos que temos na imaxinación...e que seguro se faran realidade.
Saúde a todos e Boas Festas!!!!!
Belen do Atrio de Santa Maria en Viveiro (A.Ben)
martes, 18 de noviembre de 2014
KDDA EN TARAMUNDI
Dentro das saidas fotográficas (KDD) mensuais que decidimos retomar, tocalle o turno visitar un dos lugares con mais encanto do occidente asturiano: Taramundi.
Será este domingo, día 23, con saída as 7:30 h. da mañá da estación de buses de Viveiro. Solo tedes que traer cámara e gañas de pasalo ben.
Está aberto a todo aquel que queira acompañarnos, sexa socio ou non. O desprazamento correra por conta própia, repartindonos nos nosos coches.
A idéa e sair cedo para aproveitar a mañá, que nestas datas os días son mui curtos e logo se fái de noite. Comeremos en Taramundi e logo da sobremesa, voltaremos para Viveiro.
O coste da comida correra a cargo de cada un.
Non é necesario anotarse, con que se esteña na estación á hora acordada basta.
jueves, 23 de octubre de 2014
EXPOSICION EN O CARBALLIÑO
Invitados polos amigos da Asociación Fotográfica Os Potiños de O Carballiño (Ourense), expoñemos ao longo do que resta de este ano, unha serie de 18 fotos dos nosos socios dentro do programa Outono Fotográfico que como cada ano se organiza na provincia de Ourense.
A expo estará en tres ubicacions diferentes:
Agradecer a deseinteresada colaboración prestada para levar a cabo esta mostra a Os Potiños e esperamos poder ver as suas obras por Viveiro en breve.
Varias das fotos expostas
A expo estará en tres ubicacions diferentes:
-Bar Peñasco, do 16 ao 30 de octubre,
-Asador Veracruz, do 3 ao 30 de novembro,
-Apartahotel Arenteiro, do 1 ao 31 de decembro.
jueves, 4 de septiembre de 2014
PASE "60 MINUTOS EN POSITIVO 2014"
Xa podedes ver o pase completo da proxección levada a cabo na Praza Maior este ano pola maioria dos compoñentes da nosa asociación.(Pulsar sobre o enlace de abaixo)
60 minutos en positivo 2014
60 minutos en positivo 2014
sábado, 5 de julio de 2014
Exposición de FRAN NIETO
Este mes de xullo temos a sorte de contar en Viveiro con un dos traballos do noso amigo ferrolán Fran Nieto.
Fotográfo profesional especializado en macrofotografía e paisaxe, ademais de docente en diversas materias fotográficas. Foi membro fundador das sociedades Fotografía y Biodiversidad e Internacional Wildlife Photography.
Gañador de mais de 40 premios de fotografía e con unha participación en alomenos 30 exposicións,
expón en Viveiro un traballo que ten ao cercano Mar Artabro e as Fragas do Eume como protagonistas dentro do Ano Internacional da Auga.
Podese ver na Sala de Exposicións do Concello vello de Viveiro do 1 ao 15 de xullo en horario de 19 a 21 h.
Cartel da Expo
Fran Nieto
Detalle da inauguración
Suscribirse a:
Entradas (Atom)