sábado, 29 de octubre de 2011

PROXIMA KDD:"ORTIGUERA Y PUERTO DE VEGA-ASTURIAS"

Os nosos "homólogos"de Fotonavia, invitannos a vindeira KDD a celebrar por terras asturianas.En concreto será en Ortiguera y Puerto de Vega o día 4 de decembro.

                                                           Panoramica de Ortiguera

Para inscripcións e outras informacións debedes de visitar a sua páxina web o antes posible (xa sabedes que para esto sempre hai xente) pois están intentando acadar un permiso para unha visita especial ó Castro de Coaña.
Esperamos poder vernos alí e asi coñecer xente nova.

                                                                   Puerto De Vega

CONCURSO FOTOGRAFICO "PIZZBUR"

O Grupo Pizzbur Playa S.L.,ven de convocar o primeiro concurso fotográfico baixo a temática de "A Mariña Lucense e a sua gastronomia".   
Podedes ver e descargar as bases aqui.                                                                                                                                                  

jueves, 6 de octubre de 2011

CURSO INICIACION PHOTOSHOP

O vindeiro mes de novembro celebraremos o primeiro curso de Photoshop organizado pola nosa asociación e coa colaboración da Concelleria de Cultura do Concello de Viveiro, para todas aquelas persoas interesadas no coñecemento de esta ferramenta cada vez imprescindible.
Este primeiro curso estara enfocado a todo aquel aficionado a fotografía que se queiran iniciar no manexo de este programa.Partirase desde o mais básico ata o coñecemento de algunhas das mais usadas ferramentas no eido da fotografía.
O profesor encargado de impartir o curso sera Fran Nieto, fotógrafo especializado en fotografía de natureza do cal podedes saber mais no seu blog ou na sua web.
Este curso,cun total de 16 horas,celebrarase en Viveiro os sábados 5,12,19 e 26 de novembro en horario de maña ou tarde a razón de catro horas por xornada.Os asistentes por grupo serán reducidos.
Será necesario que cada alumno leve o seu propio ordenador co programa convintemente instalado a poder ser coa versión CS2 ou superior.

O prezo sera de 70€ para socios de Os Negativos e de 90€ para non socios.
Haberá que ingresar a cantidade correspondente na conta do Banco Pastor nº 0072 0241 13 0000201720 antes do dia 30 de octubre.Todo aquel que a dita data non fixera o ingreso non contara como inscrito para o curso.

Tanto para as inscripcións coma para calquera duda tedes a vosa disposición os seguintes datos:

Email: buzon@osnegativos.com
Tlfs:      654888451-647568383

No momento de se inscribir debedes indicar: nome,teléfono de contacto,email e cando preferides asistir,si pola maña ou pola tarde.Será a organización quen notifique coa suficiente antelación a dispoñibilidade de horario a fin de equilibrar os dous grupos.Da misma maneira daremos a coñecer o lugar donde se celebrará.

                                                                  Fotos de Fran Nieto

Podedes ver a continuacion o programa completo,asi coma a presentacion que Fran Nieto fai sobre el:


Curso de iniciación Photoshop
 
OBXECTIVOS:

O programa de edición Photoshop é unha aplicación de certa complexidade, concebida para múltiples usos: deseño de páxinas web, logotipos, deseño gráfico, infografía... e, como non, para a edición e retoque fotográfico.
A fotografía é quizais a disciplina artística que maior transformación técnica sufriu nos últimos 10 anos. Hoxe en día as cámaras dixitais están ó alcance de calquera persoa e as posibilidades creativas son infinitas. A fotografía, a maiores da sua importancia artística, e decisiva na transmisión de coñecementos e na documentación de procesos, tanto para a sua visualización en pantallas como en medios impresos.
Este taller ten por misión poñer a disposición dos alumnos as capacidades de edición que brinda a fotografía dixital, tanto para fins documentalistas como artísticos. A búsqueda de fórmulas para realzar as imaxes debería ser a fonte de inspiración que leve ós novos usuarios a experimentar con todo o potencial que ofrece esta ferramenta de creación que é Photoshop.
O curso ten unha marcada orientación práctica pero sin esquencer en ningún momento os coñecementos teóricos que permitan entender os procesos que abordan e o porqué dos exercicios a realizar no mesmo, nos que se busca o pleno entendemento dos axustes que afectan a toda a imaxen. O finalizar o mesmo os alumnos estarán capacitados para millorar de forma importante a calidad das súas capturas facendoas óptimas para a sua impresión e visualización.
Este taller está dirixido a  tódolos afeccionados á fotografía que carecen dos coñecementos técnicos básicos para manexar, dunha maneira fácil, rápida e eficaz, un programa de retoque fotográfico e a aquelas persoas que tendo un certo grado de soltura con programa buscan unha sólida base teórica que lles permita profundizar no mesmo. 

PROGRAMA:

1.     Conceptos básicos de fotografía dixital
2.     Interpretación do histograma
3.     Introducción a interface de Photoshop
a.     Ventanas
b.     Barra de ferramentas
c.     Menús
d.     Configuracións básicas e personalizadas
4.     Tamaño do documento e do lienzo
5.     Axustes básicos
a.     Brillo
b.     Contraste
c.     Niveis
d.     Curvas
e.     Saturación
f.      Equilibrio de color
g.     Variacións
h.     B&N
i.       Sombras e luces
6.     Reencuadre e xiro do lienzo de forma precisa
7.     Profundidad de cor
8.     Resolución e interpolación
9.     Seleccions básicas
10.  Seleccions automáticas
11.  Cuentagotas
12.  Reparacións e eliminación de contido: clonado
a.     Parche
b.     Tirita
c.     Ollos vermellos
13.  Texto e marcas de auga
14.  Outros filtros de efectos
15.  Introducción as Capas:
a.     Capas de contido
b.     Capas de axuste
c.     Efectos de capa
d.     Máscara de capa
16. Introducción os axustes por zoas
17.  Necesidade do enfoque
a.     Técnicas básicas de enfoque
b.     Paso alto
18.  Introducción a impresión e xestión da cor
a.     Espacios de cor
b.     Perfis de impresión