Esta última miniquedada,como lle chamamos nós, foi para seguir co tema do uso de flashes en exteriores.No estudio a veces estas mais limitado polo espacio e sobre todo porque o fondo apenas varia.
Poís coa inestimable colaboración de Abrahám, o noso "modelo", decidimos argallar coas exposicions con flashes en exterior ao atardecer, probar con iluminación indirecta ou difuminada con paraugas e caixas de luz.
Eleximos o mirador do Monte Castelo en Landrove (Viveiro) por ter unhas boas panoramicas sobre Viveiro e por estar un pouco apartado e tranquilo.
Como podedes apreciar, Abrahàm posou con varias vestimentas e con moito colorido e saber facer. Cinturón negro en varias disciplinas, aguantou o "chaparrón fotográfico" como un profesional e sirveunos para poder poñer en práctica as ideas que tiñamos na cabeza.
Foto: Antonio Ben
Foto: Miguel Quelle
Foto: Paco López
Podedes ver mis fotos no noso Flickr.