sábado, 14 de septiembre de 2013

KDD EN OUTUBRO

Levamos un tempo dandolle voltas a facer unha kdd de outono.
Ideas non faltan, pero tratar de buscar datas axeitadas para todos condiciona un pouco.
Gustarianos facer algo de outono (follas secas, tonos amarelos tipicos, etc) pero antoxase algo cedo para aproveitar o próximo festivo en sábado e lograr xuntar ao máximo de "negativos".
Por eso acordamos facer unha kdd de dous días, os vindeiros 12 e 13 de outubro no entorno da cidade de Ourense.

                                                               Ponte do Milenio

jueves, 5 de septiembre de 2013

VIDEO DA PROXECCION "60´EN POSITIVO 2013"

Xa está dispoñible o video co montaxe dos traballos que se poideron ver na proxección feita na Praza Maior de Viveiro polos nosos socios dentro do programa de festas patronales.
Destacar a incorporación este ano de novos socios, que nos coñeceron a través dos cursillos de iniciación que fixemos ao longo de este ano e a colaboración de "Forestman" dende Alcalá.
Esperamos poder seguir mellorando cada ano tanto en calidade coma en posta en escea,e que a "familia negativa" siga medrando.


miércoles, 4 de septiembre de 2013

IV ROTEIRO FOTOGRAFICO EN BARREIROS

Seguindo a liña de traballo deste ano, adicada ao Rural Barreirense, o Colectivo Cultural Ollomao organiza para o próximo SÁBADO, 7 de SETEMBRO, o IV Roteiro Fotográfico.
 Ollomao vén realizando esta actividade de maneira parelela ao certame fotográfico “Enfocando Barreiros”, que este ano, na súa terceira edición, leva por tema tamén o rural barreirense. O obxecto destas xornadas é dar a coñecer e poñer en valor o patrimonio natural e a arquitectura popular barreirense, á vez que ofrecer un espazo de participación e convivencia para as persoas amantes da natureza e aficionadas á fotografía.


O punto de partida para o roteiro está sinalado na planta CAVI (Centro de Alimentación de Vacuno- Irmandiños) na parroquia de Vilarmartín Grande, ás 09:30 da mañá. Este roteiro é circular de xeito que o punto final está situado no mesmo lugar que o punto de saída, onde todas as persoas que desexen participar poderán deixar aparcados os seus vehículos no tempo de duración do roteiro. Está prevista unha duración aproximada de 5 horas e o percorrido a realizar dun total de 15 km. comprende os lugares de A Cabana da Vella, Vilamartín Pequeno, Vilamartín Grande, Gondán, A Rilleira e Cabarcos. Ao igual que o resto de roteiros organizados polo colectivo barreirense, este será tamén guiado e contará coa participación dun experto en materia de historia local que explicará puntos de interese que se vaian atopando ao paso como o antigo Concello de Cabarcos, o cárcere e a antiga notaría.

 Dende Ollomao informan que a ruta planificada discorrerá en todo momento por camiños asfaltados. Recoméndase que cada partipante vaia provisto con calzado e roupa axeitados, así como de comida e bebida para o seu consumo durante o roteiro. Esta actividade é libre e de balde para todas as persoas interesadas non sendo preciso apuntarse por adiantado, abonda con estar no lugar e hora indicados para o punto de saída. Todas as persoas que desexen aclarar algunha cuestión relativa a esta e outras actividades do colectivo poden dirixir as súas dúbidas por correo electrónico ao enderezo: colectivo.cultural.ollomao@gmail.com

 Informan tamén que o prazo para a participación no certame fotográfico foi ampliado ata o día 30 de Setembro, co cal animan a todas as persoas que gusten da fotografía a tomar parte nos roteiros a celebrar durante este mes de Setembro, sendo unha boa ocasión para a captura de instantáneas da zona rural do Concello de Barreiros. Asimesmo, convidan a participar a todas as persoas que gusten de facer camiñatas aínda que non sexa con motivo da fotografía.