domingo, 3 de febrero de 2013

Tardes de sábado (Xogando con flashes)


O inverno,sobre todo en Viveiro,non é moi axeitado para salir a facer fotos.
A veces non queda maís remedio que "experimentar" entre nós con algunha das moitas facetas da fotografía.Por eso unha miniqueda un sábado pola tarde con un par de flashes,unhos paraguas,varios geles de colores e moito humor dan fotos... boas e non tan boas.Pero sempre se aprende algo.
Gracias as "sufridas" modelos por posar.


    O importante e a composición...


    ...o ambiente ten que ser distendido...


    ...as modelos profesionales...





 ...non importa si ese non é o teu lado bó...





































... e sobre todo mimar o equipo.

sábado, 22 de diciembre de 2012

jueves, 20 de diciembre de 2012

XA E NADAL!!!!!!!!!!



Feliz 2013

Hola:
Espero que el próximo año tengas muchas ocasiones de aprovechar la mejor luz disponible, con el foco puesto en vuestros seres más queridos.
Un abrazo y que sea un Gran Año para todos.
Fran Nieto

domingo, 25 de noviembre de 2012

FIN DO PRIMEIRO CURSO

Hoxe rematou o noso primeiro curso básico de iniciaciación á fotografía.
Esperamos desde asociación que fose do agrado de todos.Gracias a todolos asistentes polo interese amosado e a COGAMI pola sua colaboración.Tan pronto como nos sexa posible trataremos de organizar outros cursos e ampliar coñecementos de este.
Lembrarvos que durante todo o ano estamos a vosa disposición nos noso Flickr  ou en este blog. Solo tedes que rexistrarvos e falar. Todos aqueles que desexen ser socios poden contactar con nós no noso email e recibiremolos gustosamente.
Deixovos con varios momentos do curso.







lunes, 8 de octubre de 2012

CURSO INICIACION A FOTOGRAFIA

Un dos fins que dende sempre tivemos claro na nosa asociación é a divulgación e aprendizaxe da fotografía. Este ano fixemos a nosa primeira exposición e tivemos a ocasión de coñecer a un dos grandes fotógrafos do momento como é Vicente Ansola que nos amosou o seu último traballo.
É momento de amosar cómo se fan esas fotos que tanto gustaron, e de paso coñecer a novos amigos coa mesma inquedanza: amosar o seu punto de vista da vida a través dunha foto.
Moitas persoas confesan o seu temor ás "modernas cámaras" cheas de botóns e pantallas, nas que o modo automático é o mais socorrido.
Propoñemos ensinar a usar unha cámara de fotos dende "cero". Como collela, como usala, saber como se chaman as partes que tanto vos soan...ata poder acadar un uso básico dela.Non só técnica, se non tamén práctica dende o primeiro momento.
Non fan falla costosísimas máquinas, basta coa compacta que seguro hai en toda casa. Eso si, o modo "automático" non o usaremos (de momento).
Neste cursiño, de mais ou menos 15 horas de duración, queremos enseñar dende o porqué ata o cómo pero partindo só de que che guste a fotografía. Falaremos da luz, de porqué saen as fotos, das partes dunha cámara, de como usar esas partes para conseguir un o outro resultado. Falaremos do uso dos flash, e se cadra veremos como se fan lixeiros axustes despois de feita a foto.
Todo esto aberto a todos/as de maneira gratuita. Só tes que traer a túa cámara e ganas de aprender.


Curso de Iniciación á Fotografía

Dias 27 de outubro e sábados de novembro
Horario de 17 a 20 h.
 Apeadero FEVE (Covas)
Grupo máximo de 12-15 persoas
Aberto a todas as edades

GRATIS

Se estás interesado mándanos un email cos
teus  datos persoais e teléfono a:


ACTUALIZACION (16/10/1012)

Temos o cupo para este curso completo.
Non contabamos cunha demanda tan alta e hai xente que queda fora en espera.
Todas aquelas persoas que estedes interesadas, podedes mandarnos os vosos datos igualmente e vos avisaremos con antelación para o próximo curso.
Gracias a todos polo voso interese.






martes, 11 de septiembre de 2012

XVI CONCURSO FOTOGRAFICO "FESTA DA FABA"

Dende o Concello  de Vilanova de Lourenzá,remitennos a convocatoria para participar no "XVI Concurso Fotográfico Festa da Faba 2012" que discurre baixo as duas temáticas de sempre,Libre Lourenzá e Libre.
O prazo para presentar obras remata o 21 de setembro.Sorte¡¡




lunes, 3 de septiembre de 2012

OS NEGATIVOS en Burela

Desde o día 3 ata o 28 de setembro,poderase ver a expo cos traballos don nosos socios en Burela.Será na Casa de Cultura do Concello.
Despois do exito de público acadado en Viveiro e logo en Xove,agora e o turno de Burela no noso afán de dar a coñecer traballos propios e asi animar a otros aficionados a colaborar en próximas edicións.
Esperamos que teña unha boa acollida.



      O horario e de luns a sábado de 10 a 13 e de17 a 20h.na sala de arte da Casa de Cultura de Burela