viernes, 4 de octubre de 2013

CURSO FOTOGRAFIA BASICO

Debido a interese que nos facedes chegar sobre a organización de cursos de iniciación, queremos propoñervos para o vindeiro mes de novembro unha nova edición do cursillo que vimos impartindo un par de veces ao ano dende a nosa asociación.
Terá unha duración apróximada de dez horas e serán os dias 9, 16 e 23 de novembro, en horario de 17 a 20 h.
O lugar, o antigo apeadero de FEVE en Covas.
Coma os outros curso que xa impartimos, será de balde e o cupo máximo de asistentes limitaremolo a 20 persoas.
Fundamentalmente enfocaremolo ao uso de cámaras réflex, polo que é aconsellable que os asistentes leven unha cámara de este tipo.
As incripcións rematarán tan pronto como enchamos o cupo ou como data tope a semana antes de inicialo.
Poderedes inscribirvos no noso email (osnegativosviveiro@gmail.com) indicando nome do asistente,  nº de teléfono e dirección de email.

                                                                  Cartel do curso


Listado de inscritos:





Como chegar a donde se impartirá o curso:



jueves, 3 de octubre de 2013

EXPOSICION EN REGAL XUNQUEIRA

Co tema "O que mais che gusta de Viveiro...e o que menos" inaguramos, hoxe día 4 as 20h. na sala de exposicións de Regal Xunqueira, unha mostra sobre o punto de vista que once dos nosos socios teñen do noso pobo.
Invitados por Alfonso Otero Regal, recoñecido artista da cerámica e dono do complexo donde se aloxa a exposición, amosamos un total de 22 fotos de Viveiro e o seu entorno.Cada un dos fotógrafos presenta duas fotos,unha co tema "me gusta" e outra co "non me gusta".
A expo estará aberta dende o dia 3 de outubro ata o vindeiro 1 e decembro no horario comercial do complexo.

      Complexo Regal Xunqueira


           
                 Detalles do momento da inaguración



Recortes de prensa:


"La Voz de Galicia"


"El Progreso"

sábado, 14 de septiembre de 2013

KDD EN OUTUBRO

Levamos un tempo dandolle voltas a facer unha kdd de outono.
Ideas non faltan, pero tratar de buscar datas axeitadas para todos condiciona un pouco.
Gustarianos facer algo de outono (follas secas, tonos amarelos tipicos, etc) pero antoxase algo cedo para aproveitar o próximo festivo en sábado e lograr xuntar ao máximo de "negativos".
Por eso acordamos facer unha kdd de dous días, os vindeiros 12 e 13 de outubro no entorno da cidade de Ourense.

                                                               Ponte do Milenio

jueves, 5 de septiembre de 2013

VIDEO DA PROXECCION "60´EN POSITIVO 2013"

Xa está dispoñible o video co montaxe dos traballos que se poideron ver na proxección feita na Praza Maior de Viveiro polos nosos socios dentro do programa de festas patronales.
Destacar a incorporación este ano de novos socios, que nos coñeceron a través dos cursillos de iniciación que fixemos ao longo de este ano e a colaboración de "Forestman" dende Alcalá.
Esperamos poder seguir mellorando cada ano tanto en calidade coma en posta en escea,e que a "familia negativa" siga medrando.


miércoles, 4 de septiembre de 2013

IV ROTEIRO FOTOGRAFICO EN BARREIROS

Seguindo a liña de traballo deste ano, adicada ao Rural Barreirense, o Colectivo Cultural Ollomao organiza para o próximo SÁBADO, 7 de SETEMBRO, o IV Roteiro Fotográfico.
 Ollomao vén realizando esta actividade de maneira parelela ao certame fotográfico “Enfocando Barreiros”, que este ano, na súa terceira edición, leva por tema tamén o rural barreirense. O obxecto destas xornadas é dar a coñecer e poñer en valor o patrimonio natural e a arquitectura popular barreirense, á vez que ofrecer un espazo de participación e convivencia para as persoas amantes da natureza e aficionadas á fotografía.


O punto de partida para o roteiro está sinalado na planta CAVI (Centro de Alimentación de Vacuno- Irmandiños) na parroquia de Vilarmartín Grande, ás 09:30 da mañá. Este roteiro é circular de xeito que o punto final está situado no mesmo lugar que o punto de saída, onde todas as persoas que desexen participar poderán deixar aparcados os seus vehículos no tempo de duración do roteiro. Está prevista unha duración aproximada de 5 horas e o percorrido a realizar dun total de 15 km. comprende os lugares de A Cabana da Vella, Vilamartín Pequeno, Vilamartín Grande, Gondán, A Rilleira e Cabarcos. Ao igual que o resto de roteiros organizados polo colectivo barreirense, este será tamén guiado e contará coa participación dun experto en materia de historia local que explicará puntos de interese que se vaian atopando ao paso como o antigo Concello de Cabarcos, o cárcere e a antiga notaría.

 Dende Ollomao informan que a ruta planificada discorrerá en todo momento por camiños asfaltados. Recoméndase que cada partipante vaia provisto con calzado e roupa axeitados, así como de comida e bebida para o seu consumo durante o roteiro. Esta actividade é libre e de balde para todas as persoas interesadas non sendo preciso apuntarse por adiantado, abonda con estar no lugar e hora indicados para o punto de saída. Todas as persoas que desexen aclarar algunha cuestión relativa a esta e outras actividades do colectivo poden dirixir as súas dúbidas por correo electrónico ao enderezo: colectivo.cultural.ollomao@gmail.com

 Informan tamén que o prazo para a participación no certame fotográfico foi ampliado ata o día 30 de Setembro, co cal animan a todas as persoas que gusten da fotografía a tomar parte nos roteiros a celebrar durante este mes de Setembro, sendo unha boa ocasión para a captura de instantáneas da zona rural do Concello de Barreiros. Asimesmo, convidan a participar a todas as persoas que gusten de facer camiñatas aínda que non sexa con motivo da fotografía.

miércoles, 14 de agosto de 2013

Proxección "60 minutos en positivo"

Este vindeiro luns, día 19 de agosto, proxectaremos na Praza Maior de Viveiro "60 minutos en positivo".
Serán 12 os traballos que se poderán ver dos compoñentes da nosa asociación e quen sabe se habera algunha sorpresa a maiores.
Con unha temática variada contaremos cos traballos dos novos socios surxidos dos cursos que impartimos ao longo de este ano asi como dos mais veteranos.



Esperamos unha noite propicia para pasar un bó anaco coa compaña de afeccionados e amigos.

martes, 9 de julio de 2013

EXPOSICION "APAÑADORES" DE BANDIA RIBEIRA




 "Apañadores" é un proxecto de fotografia documental que se centra na vida dos traballadores temporeiros que recollen narcisos en Escócia, Irlanda e o sur de Inglaterra, entre xaneiro e finais de marzo. A temporada empeza nas terras do sur por ser mais cálidas e remata no norte. Reino Unido é o primeiro productor mundial desta flor.

Este proxecto está centrado na vida de Cathlenn, 41 anos, procedente de Italia, de pai australiano e nai italiana, leva cinco anos traballando como recolectora en distintas granxas viaxando por todo o terrotorio europeo, que decidiu comezar unha vida nómada trás a repentina morte do seu home, para “olvidar o pasado".


                                                                     foto: Bandia Ribeira



Bandia Ribeira 

Fotógrafa nacida en As Pontes en 1979.
Licenciase en Ciencias Políticas na Universidade de Santiago. Estuda Fotoxornalismo na Universidade Autonoma de Barcelona. Traballa como Becaria en El Progreso em 2009 e colabora coa Fundacion FIAS no proxecto de fotografia participativa Racons, que ten lugar no Centro Penintenciario de donas de Wad Ras em Barcelona entre os anos 2009 e 2010.
Em 2010 recibe a beca no X Seminariode Fotografia e Xornalismo de Albarracin. Este ano é invitada ao Festival Emergents de Lleida.
En 2009 comeza co proxecto “Recolectores”, no que segue a traballar e no que esta exposicion se presenta unha mostra do mesmo.


A exposición poderase ver no Centro Cultural Regal Xunqueira (Curva de Xunqueira, Camiño Real 127) a partir do vindeiro día 10 de xullo.Esta previsto o acto de inauguración para as 20.30h.
Maís información na web do centro ou no telefono 982 56 25 89