TUTORIALES


TUTORIAL DE FOTOGRAFIA NOCTURNA

Por DANI CAXETE


A miña afición a fotografía ben dende lonxe cando nun Naseiro tocoume unha Canonmatic que ainda conservo como ouro en paño.
Tiven un baixon dunhos 6 anos coa transición analoxica-dixital e a Dios puxen por testigo que nunca caeria nas novas redes tecnolóxicas... pero aqui estamos.
Dende sempre a fotografía nocturna chamoume polo espectacular do seu colorido e a transformación que sufren certos paisaxes cotidians cunha larga exposición.
Penso que ver os resultados na pantalliña nunca deixará de sorprenderme pero co tempo e experiencia estas fotos que en principio eran fruto do azar, podense chegar a dominar cunhas técnicas moi básicas.
Que señan básicas non significa sinxelas. A música son só 7 notas...
Non quero que se me encasille como moi técnico e minucioso... mais ben son un chafalleiro que nin tan siquiera leva cronómetro pas largas exposicións. Pero coa miña experiencia e a base de moitos batacazos e mais que recomendable aprender un mínimo de teoría que nos adiantará moito sin perdidas inútiles de tempo e traballo.

TEMPERATURA DO COR

O mais importante é empezar a coñecer a temperatura de color, algo case sempre olvidado e que solemos deixar ós automatismos das nosas cámaras. Que si ben en fotografía cotidiana raramente se suelen enganar, en nocturna é outro cantar.
O coñocemento dos Kelvin (que non "grados Kelvin") do noso balance de brancos, e fundamental para poder transmitir ou reflexar cores e tonalidades controladas.
As cámaras suelen reflexar dende os 2500 K (frío) ata 10000K (cálido).
A luz de luna ou estrelas esta calculada en 4100 K este sería un BB (balance de brancos) correcto para reflexar os verdadeiros colores das estrelas en astrofotografía. O problema e que calquer luz artificial, teñirá todo o ceo dun naranxa rojizo que si ben (para as fotos so de ceo) é relativamente sinxelo quitalo no post-proceso, complicase cando hay algo de paisaxe na foto.

Os meus cálculos chegan a conclusión dun BB ideal de 3800K ou menos iluminando con linterna cálida.
Conseguiremos un efecto e tonalidades frías que sempre estan mais relacionadas coa noite.
Nesta foto o BB esta sobre os 3000 K a lua tiñe a paisaxe do fondo de azules, mentras eu contrarresto cunha linterna cálida iluminado o primerio plano.
farm5.static.flickr.com/4057/4351991129_16ca9e7871_o.jpg
natural...sin barreras


O caso contrario é subir os Kelvin por riba dos 4500, conseguindo unhos ceos anaraxados que se fan mais patentes coas nubes ou nieblas. Para esta configuración habemos de iluminar con linteras LED fria ou Flash, se non queremos que o motivo se tiña tamen de naranxas.
Esta foto está tomada a 5000K iluminada con linterna Led fria.
farm6.static.flickr.com/5244/5338258555_843d76aa08_b.jpg
DSC_1128


Parece un puñetero ladrillo, pero na practica e moi sinxelo, máxime cando agora temos a posibilidad de ver o resultado no momento. O de deixar o BB para o postproceso non é recomendable sobre todo para marca Nikon, xa que nos venden a moto do RAW en crudo e non e tal. Si forzas demasiado os axustes a calidade da foto vese resentida. Os RAW de Canon penso que son mais versátiles. Non poido falar doutras marcas.

ILUMINACIÓN

Sempre recomendan empezar a iluminar con flash. A min segueme a parecer bastante complicado por eso case sempre utilizo linterna, quizás porque estou afeito a pintar con pistola i é moi parecido.
O flash permíteche iluminar mais homoxenamente e controlar a cantidade de luz que estas aplicando con mellor precisión, pola contra e mais dificil saber que estas iluminando.

As linternas son moito mais manuales e difíciles para iluminar grandes superficies pero pola contra podes ser mais puntual na iluminación i é moito mas facil iluminar menténdote na propia escena.

Pero esta técnica está aberta a combinar diferentes tipos de iluminación se maior problema.

Débese iluminar nun ángulo entre 45 e 90 grados con respecto o plano de sensor da cámara. De esta forma crearemos relieves e as fotos non serán tan planas. Para sacar texturas do chan ou pedras intentaremos que a luz a aplicar lles incida sempre dun mesmo lado (ainda que se poida dar relleno mais apagado á parte en sombra).
Se por un casual temos que entras na propia escena para iluminar teremos que colocar a linterna diante noso a vez que nos movemos para non crear unha silueta.
Poño un exemplo a pesar de ser un pésimo iluminador... (Ainda non sabia que te podes mover mentras iluminas a escena)

Esta foto está iluminada con linterna cálida e un BB entorno ós 3000K. Ilumino o outro lado do río agachado entre as ramas da árbore (estou señalado cun recuadro) non queda outra que unha iluminación plana (de frente). Feito esto sálgome da escena e ilumino a árbore principal a unhos 90º para que quede algo de sombra nas ramas e poder así diferencialas do fondo. A iluminación do chan faígoa a ras de suelo para sacar esas texturas de herba e pedras.
www.flickr.com/photos/danicaxete/4352733152/in/set-721576...
al otro lado del río


O que pode ser unha simple árbore a luz do día, na oscuridad podes facer dela o que che pete.
Poderiamos iluminar so a árbore quedando un fondo negro.
Ou iluminar o outro lado do río deixando o primer plano en silueta.
Como nota eu decidin deixar na sombra unhos xuncos que restaban protagonismo (xusto na parte baixa a dereita)
No momento que empezas a entender a técnica e coma pintar un cuadro o teu antoxo coa gozada de poder entrar en el. Sempre dependendo claro está da iluminación propia da escena ou ceo, que básicamente son os que mandan na exposición correcta.


EXPOSICIÓN e DIAFRAGMA

E moi complexo tocar este tema, hai bos tutoriales pola rede que falan largo e extenso do tema da parte técnica. Intentarei comentar o que raramente se suele leer nestes.
So puntualizar que é a propia luz da escena e ceo son as que mandan sobre esta, e coa que nos temos que amoldar se queremos iluminar artificialmente. De ahí que os días de lua chea os tempos de exposición se ven tan reducidos que é imposible ter tempo para iluminar artificialmente antes de que esta ilumine a escena por nos ou o ceo acabe queimado. Si está ben utilizar a lua en cuarto crecente ou menguante para iluminar paisaxes ó lonxe. O igual que en foto diurna pasa co sol, incluir a lua na foto non é aconsellable debido ós destellos (flares) que nos pode crear co objetivo, asi como será moi complicado expoñer correctamente sin que cree unha mancha toda queimada ó seu alrededor. Para eso podemos aproveitar o paso dalgunha nube sobre esta e "amortiguar" así o foco de luz.

Decir que pese a crenza popular, e preferible subir de ISO a deixar subexposta unha foto porque creemos que a "100 ISO hai menos ruido"... coas cámaras actuales unha foto a 800 ISO pode ter menos ruido que unha a 100 (non falo de detalle que todo se andará).
Tamén indicar que eu son dos que prefiere unha foto con ruido a non ter foto...
Outra é non utilizar diafragmas moi cerrados xa que estos nos obrigan a insistir moito coa iluminación que intentemos aplicar (ainda que dependerá tamen do ISO utilizado).
Non suelo subir de f5.6. (Ollo outra cousa serán as nocturnas con iluminación urbana.)
Penso que calquer paisaxe nocturno se pode resolver sen necesidad de subir dos 400 ISO.

Outro cantar e cando queremos pillar estrelas por doquier ou a estructura de Vía Láctea. Para eso ten que ser lua nova e tirar de ISO todo o que a cámara permita (ou a nosa relixión) baixando de diafragma todo o que o obxetivo permita (ou o noso credo, os pobres sempre a palmamos neste aspecto).
A fórmula máxica para conxelar estrelas é 400/focal= exposición
Esto é si queremos que as estrelas esten quietas cun 18mm 400/18=22 segundos de exposición
Esta fórmula esta pensada pola baixa xa que pódese alargar a exposición si a cámara está orientada hacia o norte debido que a medida que as estrelas son mais cercanas a Polar, tamén é menor a sua velocidad.
Unha exposición correcta para rexistrar a Vía Láctea e a denominada 1 Q (que mal soa en galego) creada por Manel Soria (Frikosal) que sería de 30 seg. f2.8 e 3200 ISO, partindo de esta configuración nos daremos referencia para outras exposicións. (60s f2,8 1600ISO por exemplo)
sin cobertura

O caso contrario e captar o movemento estelar ou star trails a miña primeira foto nocturna cunha reflex dixital foi na praia de S Román. Dinlle unha exposición de media hora para facer unha circumpolar. Ahí foi donde descubriín que esto cambiara un pouquiño con respecto a fotografía analóxica.
O ruido era insoportable e a D80 a partir de 2 minutos empeza a quentar as esquinas do sensor que da gusto. Para este tipo de fotos e mellor tirar pequenas exposicións de 1 minuto e logo apilalas co Photoshop creando un obxeto inteligente á máxima. So puntualizar que entre foto e foto no pode pasar nin 1 segundo, xa que os trazos quedarían interrumpidos.
playa s roman


ENFOQUE E OPTICAS

Unha cousa importante e utilizar sempre o parasol no objetivo tanto para os reflexos que nós non percibimos como para protexer a óptica dunha posible caida o chan. Traballar na oscuridad é todo un riesgo xa que a maioria das veces despois de iluminar unha escena un acaba deslumbrado e costa bastante atopar a cámara para rematarla exposición.
Parece de chiste pero eu coloqueille ó trípode e á cámara, desos chismes de luz fósforo das cañas de pescar, así teño unha referencia e a cámara non acaba no chan.

Esta claro que para nocturnas, as ópticas mais recomendadas son as angulares ou gran angulares.
Eu actualmente utilizo moito un ollo de pez (non sei si será ollo de peixe :)))) de 8 mm que me da un campo de visión de 180º de esquina a esquina, unha toleada porque os primeiros días aparecíame o trípode nas fotos nocturnas, en diurna os zapatos tiña que levalos limpios e ás veces asomaban ata os codos. Non me fai moita gracia a distorsión que ten pero pola contra teño a ventaxa de poder conseguir un campo brutal de ceo e non ter que ser tan preciso a hora de enfocar nin encuadrar, de feito rara vez poño o ollo no visor, faigo todo a ojímetro. Recordamos que a maior angular, maior profundidad de campo, i esto para nocturnas é unha bendición.
Unha xoia é o Tokina 11-16 f2.8 que a única pega que lle vexo é que non teña un aro de diafragma manual (logo explico porque)

Pa cuadrar unha foto é recomendable coñecer o sitio con luz diurna con antelación (cousa que raramente faigo) de esta forma o volver sen luz, teremos as ideas mais claras. Unha vez selecionado o encuadre a mellor forma para enfocar o motivo é; ou ben iluminalo cunha boa linterna a vez que enfocamos en automático (a máxima focal si usamos zoom). No momento que nos de a señal de enfoque, volveremos a angular si usamos zoom e pasaremos este a modo de enfoque manual para que a cámara non tolee a hora de expoñer. Outra axuda para enfocar con mais precisión será a dun puntero laser (calquera dos chinos vale) xa que esta luz e tan potente é puntual que nos permite poñer o foco a distancias mais lonxanas e precisas donde a luz de linterna é aveces insuficiente.

¿Que pasa cando o motivo esta tan cerca de nos que o paisaxe de fondo sale desenfocado? É unha cousa bastante frecuente debido as grandes aberturas de diafragma e a consecuente pérdida de profundidad de campo.
Para eso hai outra fórmula que nos dara a "hiperfocal" (paso de poñela). A hiperfocal é nin mais nin menos que buscar un punto no aro de enfoque que quede entre o motivo principal (mais cercano) e o motivo mais lonxano (paisaxe ou ceo). Unha especie de "Ni pati, ni pa mi".
Esta claro que cando a distancia é moi grande esto non sirve. Pero o traballar con largas exposicións, temos a solución do "dobre enfoque".
A técnica do dobre enfoque consiste en expoñer o motivo principal (mais cercano) co seu enfoque correspondiente. Unha vez que o iluminemos, cambiaremos o enfoque a infinito para seguir coa exposición e o ceo e paisaxe lonxano salga correctamente enfocado.

Explico os exemplos que coloco a continuación
1- Nas tres fotos coloco o enfoque a distancia mínima e pecho diafragma a f22.
2- Empezo a exposición abrindo obturador e iluminando o motivo de primer plano, gracias o f22 de diafragma o fondo case que non quedara rexistrado, a vez que gano unha profundidad de campo brutal para este "macro"
3- Unha vez iluminado o motivo de primer plano, cambio enfoque a infinito e abro diafragma a abertura que crea conveniente para continuar a exposición, f3.5 nestes casos. Poido seguir iluminando a parte mais lexana si o requiere.

Para xogar ca abertura do diafragma durante a exposición non queda outra que o obxetivo sexa manual o posea aro de apertura. Para xogar co dobre enfoque vale calquer obxetivo.
Como anécdota dicir que os motivos de primer plano estan a escasos 2 centímetros do cristal do obxetivo. No caso da fror de azafrán un dos pétalos está tocando o cristal.


la amapola y la luna

mirando las estrellas/looking at the stars


flor de azafrán


Hai unha cousa que temos que ter en conta a hora de aplicar un dobre enfoque;
É recomendable que o motivo de primer plano non quede recortado co ceo ou calquer fondo luminoso porque nos formará unha sombra fantasma e perderemos parte de imaxen ó solaparse debida o cambio de enfoque. Xa que con esta operación o que estamos a facer e atrasar a lente frontal do obxetivo, o que se traduce tamen nunha disminución da imaxen e motivo. A min decepcionoume moito saber que un 50mm non mide o mismo a 30 cm de enfoque que con este a infinito.
Nesta imaxen entenderase mellor o que quero dicir.
Unha vez ilumino a alambrada, cambio o enfoque a infinito que é o que me produce a sombra por debaixo de esta. E pola parte superior, queda unha imaxen fantasma. Esta foto está tomada cun 8mm, o efecto acentúase moito mais a medida que o obxetivo teña mais milímetros ou a cámara teña un sensor mais grande. En Full Frame será mais notorio.
Como todo nesta vida, hai solución... esta consiste en comprar un obxetivo especial descentrable que contraresta a distancia do enfoque, para eso podemos vender a casa, coche e a parenta/e se fose necesario. :) Eu prefiero deixala tal cual... a foto me refiero.
alambrada de noche