domingo, 27 de febrero de 2011

Concurso Fotográfico RECORD GUINNESS VIVEIRO

Co motivo dos actos para acadar o Record Guinness,coa maior cantidade de moedas de 5 centimos de Euro xuntas que organiza "Pupo" en Covas,a nosa asociación colabora coa organización dun concurso fotográfico.
O fin será a creación de un banco de imaxes que recollán os actos relacionados coa consecución do record os dias 5 de marzo e os 2 e 3 de abril de 2011.
Será o día 2 o de maior relevancia coa asistencia de un notario que certifique a "xesta".
O concurso terá duas categorías: nenos/as ata 14 anos e desde 14 anos en diante.Terán que enviar tres fotos en formato JPEG a dirección de email info@osnegativos.com con temas relacionados cos actos dos días antes mencionados.
A data máxima para participar será o día 16 de abril de 2011,cando no local da asociación se fallará e entregarán os premios.
O mesmo tempo daremos conta dos ganadores nesta web.


Cartel anunciador do concurso

Os premios serán para as tres mellores fotos de cada categoría,da seguinte maneira:

Categoría Infantil (ata 14 anos):

1º Premio:Trofeo e agasallo
2º Premio:Agasallo
3º Premio:Agasallo

Categoría Adultos:

1º Premio:Trofeo e Cea para duas pesoas
2º Premio:Trofeo
3º Premio:Agasallo

Podedes ver esta noticia completa publicada en La Voz de Galicia do dia de hoxe.


No hay comentarios:

Publicar un comentario