jueves, 25 de agosto de 2011

PHOTOXOVE 4.0


Ainda se pode ver a exposición fotográfica  “XOVE  360º”, que nesta súa cuarta edición denomínase “PHOTOXOVE 4.0”,na casa da cultura do concello de Xove ata o 31 de agosto.
A exposición está organizada e patrocinada pola Concellería de Cultura do Concello de Xove, contando coa importante colaboración do Colectivo de Fotógrafos de Xove.  A mesma encardínase dentro do Programa da Festas Patronais do San Bartolo.
Conta coa participación de varios fotografos do Colectivo de Fotógrafos de Xove como son Javier Arca, Enrique Peña, Marta Álvarez, Santos Cordovilla, Mateo Guerreiro, Eduardo Rodríguez ,Rubén Pico e da nosa compañeira Ana Isabel Codesal (ANAGOLDEN) 
A exposición conta con 40 fotografías, 5 de cada fotógrafo. A temática das fotos desta edición foi totalmente libre, iso sí, centrada no Concello de Xove.
A maquetación das fotografías foi realizada por un dos participantes, concretamente por Javier Arca.
Podese ver en horario de 17 a 22 h. todos los dias.


No hay comentarios:

Publicar un comentario