Desde que fundamos esta asociación sempre tivemos na cabeza a idea de facer unha gran quedada, esa que só se pode facer unha vez ao ano (ou cada dous...).Non sei cando foi o momento que decidimos que fora en Oporto, pero o que si sei é que todos tiñamos ganas de que ese día chegara.
Pois ben...os vindeiros días 17,18 e 19 de maio "Os Negativos" , e quen queira acompañarnos, vamos a fartarnos de facer fotos na cidade con mais encanto de Portugal.
Serán tres días nos que disfrutaremos afotando e coñecendo un pouco mais esta cidade Patrimonio da Humanidade, donde o río Doiro (Duero) é o protagonista. Lugares coma a Ribeira, as pontes que o atravesan, as adegas xa na beira de Gaia, a torre dos Clérigos, o Palacio da Bolsa, a Fundación Serralves, e tantos outros de interese fan a visita inesquezible.
Detalles da viaxe
A viaxe está aberta a todas as persoas afeccioadas á fotografía sexan socios ou non da asociación asi como as suas parellas ou compañeiro/as.
Farémola en bus dende Viveiro. Para eso dispoñeremos de un microbus da empresa Morán que sairá da estación de autobuses ás 7,30h. do día 17 de maio e temos prevista a chegada a Oporto arredor do mediodía.A volta está prevista para a tarde-noite do día 19.
O aloxamento será no Hotel B&B Porto Centro, en pleno centro da cidade e en rèxime de aloxamento e almorzo (desaiuno). As comidas correran por conta de cada un.
Prezos
Os prezos por persoa serán os seguintes:
Socios/as *: 46€
Non socios/as: 96€
Este prezo inclúe desprazamento de ida e volta e estancia no hotel con almorzo (desaiuno).
O pago farase mediante ingreso na nosa conta do Banco Pastor nº 0072 0241 13 0000201720
antes do día 5 de maio, poñendo en concepto VIAXE A OPORTO+nome dos viaxeiros
(Aquelas persoas que non poidan concretar a súa asistencia ata datas mais cercanas á viaxe deberán facer o ingreso dos 50€ do transporte tamén antes do día 5. Esta cantidade en caso de non poder ir non será devolta. Si ao final poden ir, pagarán o resto do importe ao subir ao bús o día da partida.)
(*Socios/as con antigüedade anterior a 31 de decembro de 2012)
**********************************************************************************
Listado de anotados:
-Oscar Pernas
-Marisa e Patxi
-Antonio Vazquez
-Paco, Eva e Maite
-Nurie e Miguel
-Ana Golden
-Juan
-Ocaña e Barbara
-Antonio e Marijose
-Tonete
-Miguel e señora
*********************************************************************************
¡ji ji! Sigo pensando que es un "anochecer" por la zona en la que brilla el sol.
ResponderEliminarMarisa