miércoles, 5 de junio de 2013

Concurso fotográfico "Cervo respecta 2013"

O pasado día 3 de xuño deuse a coñecer os gañadores do concurso organizado polo Concello de Cervo co gallo do Dia Mundial do Medio Ambiente.Tratabase do " Cervo Respecta" xa na sua 3º edición, coa temática centrada na preservación do medio ambiente e no contorno natural.
De un total de 52 fotografías presentadas o gañador foi o noso compañeiro "Negativo" Juan Antonio Fernandez Vazquez,maís coñecido entre nós co alías de "ofillodopanadeiro", con unha foto nocturna da balsa de lodos de Alcoa.
No apartado "Top Cervo" a gañadora foi Elena Fernandez Vazquez,irmán do gañador e segundo foi Pedro Vicente Canoura,tamén vinculado a nosa asociación.


   Autor : Juan Antonio Fernandez

"Pois a foto está feita na presa dos lodos rojos de Morás no 2008, cando comecei neste mundillo, hoxe é imposible de facer. Ó pasar en coche hacia Morás vin ese reflejo, aparquei o coche na cuneta e tirei a foto, daquela non sabía nin que existía os RAW nin para que servía así que está en jpeg directo, é tal cual o que se vía, sin nadiña de vento un reflexo perfecto."



Autora: Elena Fernandez (1ª premio Top Cervo)


Noraboa a todos.


martes, 4 de junio de 2013

Concurso "ImaxesRAPAcandaoso-2013"

No marco da celebración, na parroquia de Santo André de Boimente, da súa XLV  edición da “Rapa das Bestas do Curro do Candaoso a Asociación de Mulleres Rurais “Fraga das Saímas” convoca o Concurso de Fotografía baixo o lema imaxesRAPAcandaoso-2013”.
 





Con esta iniciativa preténdese contribuír ao fomento e á promoción da Rapa das Bestas do Curro do Candaoso, na parroquia de Santo André de Boimente. Unha das festas de interese turístico  máis ancestrais e de maior arraigo do Concello de Viveiro que celebrará a súa XLV edición, como é costume,  o primeiro domingo do mes de xullo de 2013.