martes, 4 de junio de 2013
Concurso "ImaxesRAPAcandaoso-2013"
No marco
da celebración, na parroquia de Santo
André de Boimente, da súa XLV
edición da “Rapa das Bestas do Curro do Candaoso” a Asociación de Mulleres Rurais “Fraga das Saímas” convoca o Concurso de
Fotografía baixo o lema “imaxesRAPAcandaoso-2013”.
Con esta iniciativa preténdese contribuír ao fomento e á promoción da
Rapa das Bestas do Curro do Candaoso, na parroquia de Santo André de Boimente.
Unha das festas de interese turístico
máis ancestrais e de maior arraigo do Concello de Viveiro que celebrará
a súa XLV edición, como é costume, o
primeiro domingo do mes de xullo de 2013.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario