miércoles, 16 de octubre de 2013

KDD EN OURENSE

Este fin de semana puidemos disfrutar da viaxe prevista por terras de Allariz, Ourense e parte da Ribeira Sacra. En total foron 24 os asistentes, tanto socios como amigos, os que nos acompañaron na viaxe.
Comenzando por Allariz o sábado pola mañá e acabando polas rúas de Ourense ao serán, disfrutando das súas termas públicas e pontes antigas ou vanguardistas.
Amenceu o domingo moi nublado, pero non foi problema para poder disfrutar das fantásticas vistas do mirador sobre a Ribeira Sacra en Paradas de Sil. Parada para comer e visitar a adega Ponte da Boga (Castro Caldelas). Magoa da intensa choiva despois do almorzo que nos impediu contemplar o maxestuoso Canón do Sil na súa totalidade.
Moi boa viaxe en xeral que nos deixou un bó sabor de boca.Volveremos, seguro!!

                                            Grupo completo na Adega Ponte da Boga


                                               Mirador sobre o Canón do Sil (Parada de Sil)



Podedes ver maís fotos sobre a quedada en este enlace

**********************************************************************************

2 comentarios:

  1. Muchas gracias a este grupo de amigos que, con paciencia y ganas de enseñar, nos ayudan a sacar partido a ese "1/2 kg de reflex" que llevamos al cuello.

    ResponderEliminar
  2. Espero que disfrutaras coa viaxe e gracias pola confianza en nós!!!

    ResponderEliminar