viernes, 22 de abril de 2011

QUEDADA NOCTURNA

Aproveitando que temos en Viveiro a Dani Caxete,faremos a madrugada do sábado ao domingo unha salida nocturna para facer "ligthpainting" e se o tempo acompaña algo de fotografia astronómica.
En principio falamos de acercarnos a Estaca de Bares aproveitando as ruinas da antiga base americana,pero seguramente improvisaremos dependendo do clima.
Os interesados poden contactar no noso email ou ben estar sobre as 23.30h.do sábado no "Mesón K2 " en Covas (Viveiro).
Seria boa idea que cada un leve o seu equipo de iluminación (linterna,flash,neon,etc).

sábado, 16 de abril de 2011

GANADORES CONCURSO FOTOGRAFICO RECORD GUINNESS

Co motivo de acadar o récord Guinness coa maior cantidade de moedas de 5 céntimos en línea,acontecido en Viveiro este mes de abril,convocouse un concurso fotográfico coa idea de dispor de un banco de imaxes, que nos lembraran no futuro a xesta acadada.
A nosa asociación colaborou coa organización liderada por "Pupo",na procura de escoller as tres mellores fotos feitas o longo do dia 2 de abril durante a colocación das moedas,tanto na categoría de nenos/as como na de adultos.
Os gañadores das respectivas categorías foron os seguintes:

                             Categoria Adultos


                                                      1º Premio: Borja Conde

                                                    2º Premio: Patricia Vázquez

                                                    3º Premio : German Paleo



                             Categoria Nenos/as


 1º Premio: Maria Simón


                                                          2º Premio: Ana Ben

                                                    3º Premio:Santiago Vázquez

A entrega dos premios será este sábado dia 16 as 17,30h. no local da asociación sito na Avda.do Ferrol.(Galerias comerciais,detrais de Casa Carlos).


Noraboa a todos eles!!

Actualizado (17 de abril de 2011)

                                      
    Foto da entrega dos premios cos gañadores

jueves, 24 de marzo de 2011

ACREDITACION FOTOGRAFICA PARA SEMANA SANTA

Onte tivemos unha xuntanza  cos representantes das cofradías da Semana Santa de Viveiro, coa intención de colaborar na creación dun banco de imaxes relativas a este evento tan representativo da Mariña.
A idea é que cada un dos socios do noso colectivo, que así o queira, poida ter unha acreditación por parte da Xunta de Cofradías para dar o seu punto de vista con fotos sobre os actos que se desenvolven ao longo da dita semana.
O fin de todo isto é organizar unha exposición para a Semana Santa do 2012 e acadar que "alguén"poida editar un libro cunha selección das mellores fotos deste ano.
Todo aquel socio "negativo" que queira ser acreditado,ten que mandarnos un correo ao noso buzón cos seus datos personais (incluido telefono) antes do dia 8 de abril.


                                  Cartel Semana Santa 2011-Autor:German Paleo Navarro

domingo, 27 de febrero de 2011

Concurso Fotográfico RECORD GUINNESS VIVEIRO

Co motivo dos actos para acadar o Record Guinness,coa maior cantidade de moedas de 5 centimos de Euro xuntas que organiza "Pupo" en Covas,a nosa asociación colabora coa organización dun concurso fotográfico.
O fin será a creación de un banco de imaxes que recollán os actos relacionados coa consecución do record os dias 5 de marzo e os 2 e 3 de abril de 2011.
Será o día 2 o de maior relevancia coa asistencia de un notario que certifique a "xesta".
O concurso terá duas categorías: nenos/as ata 14 anos e desde 14 anos en diante.Terán que enviar tres fotos en formato JPEG a dirección de email info@osnegativos.com con temas relacionados cos actos dos días antes mencionados.
A data máxima para participar será o día 16 de abril de 2011,cando no local da asociación se fallará e entregarán os premios.
O mesmo tempo daremos conta dos ganadores nesta web.


Cartel anunciador do concurso

Os premios serán para as tres mellores fotos de cada categoría,da seguinte maneira:

Categoría Infantil (ata 14 anos):

1º Premio:Trofeo e agasallo
2º Premio:Agasallo
3º Premio:Agasallo

Categoría Adultos:

1º Premio:Trofeo e Cea para duas pesoas
2º Premio:Trofeo
3º Premio:Agasallo

Podedes ver esta noticia completa publicada en La Voz de Galicia do dia de hoxe.


martes, 22 de febrero de 2011

Galeria Fotos 1ªKDD

Podedes ver aqui as fotos publicadas na páxina dos nosos colegas "homologos" de FotoNavia sobre a kdd en Viveiro.

miércoles, 9 de febrero de 2011

EXITO TOTAL NA 1ºKDD

O pasado domingo,día 6 de febreIro,fixemos a primeira quedada (kdd)en Viveiro.O día foi "redondo";bon tempo,boa xente,boa comida,boas fotos...mais non se pode pedir.Só repetir canto antes.
La Voz de Galicia,volve a facerse eco da noticia e publica unha reseña na edición de hoxe xunto con unha foto de todo o grupo na Praza Maior.

miércoles, 2 de febrero de 2011

RECORTE DE PRENSA SOBRE A 1ºKDD

Noticia publicada na VOZ DE GALICIA do dia de hoxe,donde fai referéncia á primeira kdd organizada conxuntamente con Fotonavia(Asturias).