martes, 24 de diciembre de 2013
lunes, 25 de noviembre de 2013
FIN CURSO INICIACION
Este sábado puxemos fín ao terceiro curso de iniciación impartido por nós.Foron tres días cheos de fotos, datos e moitas gañas de aprender.
Un total de 30 persoas asistiron de maneira continuada a cada sesión, tanto no local de FEVE como o derradeiro día nas instalaccións de Regal Xunqueira.
Aproveitar para agradecer a todos a sua asistencia é en especial a Alfonso Regal pola sua colaboración.
Asistentes Terceira Edición

miércoles, 16 de octubre de 2013
KDD EN OURENSE
Este fin de semana puidemos disfrutar da viaxe prevista por terras de Allariz, Ourense e parte da Ribeira Sacra. En total foron 24 os asistentes, tanto socios como amigos, os que nos acompañaron na viaxe.
Comenzando por Allariz o sábado pola mañá e acabando polas rúas de Ourense ao serán, disfrutando das súas termas públicas e pontes antigas ou vanguardistas.
Amenceu o domingo moi nublado, pero non foi problema para poder disfrutar das fantásticas vistas do mirador sobre a Ribeira Sacra en Paradas de Sil. Parada para comer e visitar a adega Ponte da Boga (Castro Caldelas). Magoa da intensa choiva despois do almorzo que nos impediu contemplar o maxestuoso Canón do Sil na súa totalidade.
Moi boa viaxe en xeral que nos deixou un bó sabor de boca.Volveremos, seguro!!
Grupo completo na Adega Ponte da Boga
Mirador sobre o Canón do Sil (Parada de Sil)
Podedes ver maís fotos sobre a quedada en este enlace
**********************************************************************************

martes, 8 de octubre de 2013
"UN PASEO POR LA VIDA " de Tato Rosés
Había unha vez un fotográfo catalán, chamado Tato Rosés Martínez, que tiña un sono: ver publicado un libro coas fotos das suas viaxes polo mundo. Evidentemente tal "locura" nos días que corren non deixaba de ser unha temeridade.Sobre todo no tema económico.
Afortunadamente pensou en que si lle axudaran a financialo quizás fose posible velo algún dia feito realidade.
E dito e feito.Total o máis difícil estaba feito, percorrer Mozambique, India, Pakistán ou os paises máis pobres de sudamérica xa o fixera. Falára coas suas xentes, compartira as súas vidas e incluso lles axudara. Tiña un montón de fotos e solo faltaba ese pequeno "empuxón".
Aquí é donde entra unha palabra rara : "croudfounding", que consiste en recibir financiación mediante aportación de pequenos mecenas con pequenas cantidades. Na maioria dos casos de persoas totalmente descoñecidas.
A resposta foi moi boa é en pouco tempo recaudou máis do que en un principio requería.
E así naceu "Un Paseo Por La Vida", un libro de viaxes de 255 páxinas e dez anos de traballo.
Para os que nos gusta á fotografía en xeral, fainos especial ilusión que iniciativas que axuden a facer reales sonos impensables sexán posibles gracias a colaboración de persoas que nin coñecemos.Solo queren ver o noso xeito de ver a vida.
Podedes ver máis sobre Tato Rosés no seu blog.

viernes, 4 de octubre de 2013
CURSO FOTOGRAFIA BASICO
Debido a interese que nos facedes chegar sobre a organización de cursos de iniciación, queremos propoñervos para o vindeiro mes de novembro unha nova edición do cursillo que vimos impartindo un par de veces ao ano dende a nosa asociación.
Terá unha duración apróximada de dez horas e serán os dias 9, 16 e 23 de novembro, en horario de 17 a 20 h.
O lugar, o antigo apeadero de FEVE en Covas.
Coma os outros curso que xa impartimos, será de balde e o cupo máximo de asistentes limitaremolo a 20 persoas.
Fundamentalmente enfocaremolo ao uso de cámaras réflex, polo que é aconsellable que os asistentes leven unha cámara de este tipo.
As incripcións rematarán tan pronto como enchamos o cupo ou como data tope a semana antes de inicialo.
Poderedes inscribirvos no noso email (osnegativosviveiro@gmail.com) indicando nome do asistente, nº de teléfono e dirección de email.
Cartel do curso
Listado de inscritos:
Como chegar a donde se impartirá o curso:

jueves, 3 de octubre de 2013
EXPOSICION EN REGAL XUNQUEIRA
Co tema "O que mais che gusta de Viveiro...e o que menos" inaguramos, hoxe día 4 as 20h. na sala de exposicións de Regal Xunqueira, unha mostra sobre o punto de vista que once dos nosos socios teñen do noso pobo.
Invitados por Alfonso Otero Regal, recoñecido artista da cerámica e dono do complexo donde se aloxa a exposición, amosamos un total de 22 fotos de Viveiro e o seu entorno.Cada un dos fotógrafos presenta duas fotos,unha co tema "me gusta" e outra co "non me gusta".
A expo estará aberta dende o dia 3 de outubro ata o vindeiro 1 e decembro no horario comercial do complexo.

Complexo Regal Xunqueira
sábado, 14 de septiembre de 2013
KDD EN OUTUBRO
Levamos un tempo dandolle voltas a facer unha kdd de outono.
Ideas non faltan, pero tratar de buscar datas axeitadas para todos condiciona un pouco.
Gustarianos facer algo de outono (follas secas, tonos amarelos tipicos, etc) pero antoxase algo cedo para aproveitar o próximo festivo en sábado e lograr xuntar ao máximo de "negativos".
Por eso acordamos facer unha kdd de dous días, os vindeiros 12 e 13 de outubro no entorno da cidade de Ourense.
Ponte do Milenio

Suscribirse a:
Entradas (Atom)