martes, 4 de junio de 2013

Concurso "ImaxesRAPAcandaoso-2013"

No marco da celebración, na parroquia de Santo André de Boimente, da súa XLV  edición da “Rapa das Bestas do Curro do Candaoso a Asociación de Mulleres Rurais “Fraga das Saímas” convoca o Concurso de Fotografía baixo o lema imaxesRAPAcandaoso-2013”.
 





Con esta iniciativa preténdese contribuír ao fomento e á promoción da Rapa das Bestas do Curro do Candaoso, na parroquia de Santo André de Boimente. Unha das festas de interese turístico  máis ancestrais e de maior arraigo do Concello de Viveiro que celebrará a súa XLV edición, como é costume,  o primeiro domingo do mes de xullo de 2013.



jueves, 23 de mayo de 2013

FOTOS KDD OPORTO

Xa de volta de Oporto, ahora toca "procesar" a inxente cantidade de fotos que traemos. Foron tres días moi completos con un tempo soleado e algo frío por veces, que nos permiteu disfrutar de esta cidade a tope.
O longo des esta semán irán aparecendo as primeiras fotos dos "Negativos viaxeiros" e acompañantes.Como mostra, a do grupo diante do hotel.


Como no blog non podemos colgar a totalidade das fotos iremos poñendo os enlaces de cada un no seu Flickr para poder velas todas.



Enlaces Flickr:

Ana" Golden",
Antonio "antvaztra",
Antonio Ben "anttben",
Antonio Lopez "Tonete",
Oscar PL,
Juan Ocaña "juoka"

jueves, 25 de abril de 2013

FOTOS KDD MONDOÑEDO E ALFOZ





Xa podedes ver algunhas das fotos da kdd que fixemos xunto con "homologos" de FOTONAVIA en terras de Mondoñedo e Alfoz.
Agradecer a desinteresada labor de Xose Ruiz Leivas, gran coñecedor de esa terra que tuvo a ben ser o noso guia particular durante a estadía en Mondoñedo.
Según me vaiades enviando fotos, iranse añadindo ao post.
Estas son algunhas delas:

Foto do grupo ao completo (antvaztra)

FAITE SOCIO !!

Cada vez que organizamos un curso,unha exposición,unha quedada, etc.,vemos que hai moita xente coma nós, con inquietude pola fotografía, con ganas de aprender e compartir momentos únicos.
Queremos contar convosco para medrar como colectivo, para poder aprender maís cada día e poder compartir esos coñecementos con todo os afeccioados da Mariña.
Por eso necesitamos novos socios, con novas idéas e con novos coñecementos.Quen nos coñeceu o longo de estes cursillos xa puido comprobar que o que nos une e a pasión pola fotografía.
Por só 5€ ao mes podes formar parte de "Os Negativos" colaborando connosco en exposicións, quedadas, cursos de técnica ou retoque.
Poderas disfrutar dun pequeno estudio no noso local para iniciarte en fotos de interior asi como de futuros cursos para ampliar coñecementos.




Só son 5€ ao mes,animate!!.Podes contactar connosco en osnegativosviveiro@gmail.com ou a través da sección de comentarios de este post.

lunes, 22 de abril de 2013

REMATE CURSO INICIACION "REFLEX"

Este sábado rematou o segundo curso de iniciación que impartiamos os integrantes da nosa asociación.
Unha vez maís vimonos sorprendidos pola cantidade de persoas interesadas en aprender a usar a sua cámara réflex.En total foron 26 afeccionados os que nos acompañaron ao longo de estas tres semanas,e que confiaron en nós para aprender un pouco de fotografía.Gracias a todos eles.



lunes, 15 de abril de 2013

NEGATIVOS VIAXEIROS: KDD EN OPORTO

   Desde que fundamos esta asociación sempre tivemos na cabeza a idea de facer unha gran quedada, esa que só se pode facer unha vez ao ano (ou cada dous...).Non sei cando foi o momento que decidimos que fora en Oporto, pero o que si sei é que todos tiñamos ganas de que ese día chegara.
Pois ben...os vindeiros días 17,18 e 19 de maio "Os Negativos" , e quen queira acompañarnos, vamos a fartarnos de facer fotos na cidade con mais encanto de Portugal.



jueves, 11 de abril de 2013

KEDADA DE PRIMAVERA

Queremos propoñervos unha kedada o vindeiro 21 de abril, aberta a todo o mundo, para coñecer unha parte da nosa terra con un encanto moi especial: Mondoñedo e as terras do Valadouro.